José Blanco: "A única marcha que puxo Rajoy a este país foi a marcha atrás"

José Blanco: "A única marcha que puxo Rajoy a este país foi a marcha atrás"

José Blanco: "A única marcha que puxo Rajoy a este país foi a marcha atrás"

Blanco avougou por seguir crecendo neste sector e apostar polo campo da transformación e do valor engadido, e concluir a cadea alimentaria para gañar en competitividade, e en productividade para xerar actividade economica

O candidato socialista ao Parlamento Europeo José Blanco afirmou hoxe que “este país necesita avanzar, non necesita mirar cara a atrás”, e advertiu que “a única marcha que puxo Rajoy a este país foi a marcha atras”. Por iso, envioulle unha mensaxe: “se quere que este país avance ten que frear e parar as reformas que fixo”, como a reforma laboral ou os recortes en sanidade ou en educación.
E resumiu: “Para avanzar non se pode dar un cheque en branco ás políticas que nos trouxeron máis retroceso e máis desigualde”. Por iso, incidiu, o 25 de maio ten que haber un cambio “para non avalar co noso voto as políticas do Goberno do PP”.

O candidato socialista visitou hoxe as instalacións de Feiraco en Ames, das que dixo son un “referente no sector agroalimentario”. Blanco avougou por seguir crecendo neste sector e apostar pola transformación e o valor engadido e concluir a cadea alimentaria para gañar en competitividade, e en productividade para xerar actividade económica.

O candidato socialista incidiu en que traballará na Unión Europea para “seguir impulsando, un sector estratéxico”. Nese senso, demandou “revertir a PAC”, xa que é lesiva para os gandeiros galegos xa que prima as subvencións en función das hectáreas e non en función da xente que traballa e que vive no campo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar