Javier Losada acusa á Ministra Pastor e ao Goberno de non crer no Porto Exterior da Coruña e asegura que a súa política son só "palabras e máis palabras"

Javier Losada acusa á Ministra Pastor e ao Goberno de non crer no Porto Exterior da Coruña e asegura que a súa política son só "palabras e máis palabras"

Javier Losada acusa á Ministra Pastor e ao Goberno de non crer no Porto Exterior da Coruña e asegura que a súa política son só "palabras e máis palabras"

O senador coruñés reclama á Ministra que concrete prazos, proxectos, contías, como se está a desenvolver e o seu grao de execución

Recorda que o PSOE investiu e garantiu o financiamento do porto exterior e o fixo porto estratéxico europeo e pregunta á Ministra "Que fan o seu Goberno e vostede? Desenténdense"

O senador socialista pola Coruña, Javier Losada, acusou onte a Ministra de Fomento, Ana Pastor e ao Goberno do Partido Popular de non crer no Porto Exterior da Coruña e asegurou que a súa política se reduce a "palabras e máis palabras".

Losada interveu na sesión de control parlamentario da Cámara Alta e dirixiuse á Ministra Pastor recordando que "transcorreron 10 meses dende que lle preguntei se podía garantir os investimentos publicitadas no porto exterior coruñés e a súa resposta foi afirmativa. Respondeu que si e agora é o momento de que concrete prazos, proxectos, contías, como se está a desenvolver e o seu grao de execución".

"Hai dez meses, puntualizou, negouse a concretar o investimento que un suposto chinés, que asinou diante do Presidente Rajoy, ía investir 270 millóns de euros no porto exterior. Deixou entrever que este senador mentía e se comprometeu a cumprir as súas competencias. Pero ao igual que co investimento estratéxico de 45 millóns de Pemex, non dan ningunha explicación convincente porque nada se sabe e xa pasan dous anos".

Neste punto, recordou que o PSOE inverteu e garantiu o financiamento do porto exterior e fíxoo porto estratéxico europeo e preguntouse " Que fai o seu Goberno e a vostede? Desenténdense".

A continuación, Javier Losada detallou que o Presidente de Portos do Estado indicou no Congreso, o pasado mes de febreiro, que o porto exterior non está feito para captar novos tráficos senón como solución ambiental, co obxecto de transvasar os tráficos perigosos. "Tampouco cumpren con iso, xa que o Goberno permitiu asinar un convenio con Repsol difícil de comprender porque durante moitos anos (máis de dez) os coruñeses van ter que soportar os depósitos de fuel dentro da cidade e que pasen polo metro da cidade catro conectores. Vostedes nunca creron no porto exterior", lamentou.

Losada insistiu en que co Goberno do PP "ningún contrato se materializou" e reprochou á Ministra a súa incoherencia: "Dixo si e de Pemex, nada e dixo si, e dos chineses, nada. Levan dous anos e só ofrecen palabras e palabras e non hai nin un só proxecto de futuro que leve a súa firma. A súa realidade di si pero NON á estación intermodal, ao tren de proximidades, ao vial 18, á conexión ferroviaria co porto, ao cumprimento do plan director do aeroporto, non rematou a estrada co porto, a ampliación da avenida Alfonso Molina, a desviación de Arteixo e ademais, quérenos poñer unha AVE de segunda cunha soa vía". "É a hora de que nos dean prazos, contías, datas e diñeiro e se non, será como a canción do Aberto Lupo: parole parole, parole," concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar