Irresponsable xestión dos bancos marisqueiros de Ferrol

Irresponsable xestión dos bancos marisqueiros de Ferrol

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, criticou hoxe a “irresponsable” xestión dos bancos marisqueiros da Ría de Ferrol por parte do goberno galego. Val presentou unha iniciativa parlamentaria na que acusa á Xunta de descargar a responsabilidade da alta contaminación da Ría nos usuarios dos bancos marisqueiros reclamándolle a modificación do modelo de extracción e a rexeneración dos bancos, que foi rexeitada polo PP.

O deputado socialista advertiu que a delimitación de zonas de extracción dificulta coñecer con exactitude a procedencia do produto, xa que zonas aptas para a comercialización directa limitan con zonas consideradas contaminadas “por unha liña imaxinaria”. Reclamou “responsabilidade” do goberno galego como competente no control da calidade das augas, da comercialización e da inspección.

Instou a “asumir que o modelo das bateas de reinstalación de moluscos” é ineficaz e xera un produto de baixa calidade. Lembrou que foi o goberno do PP o que suprimiu “unicamente por motivos económicos” o Plan de Dinamización da Ría posto en marcha polo Executivo de Touriño, que impedía a comercialización de produto a cambio de sufragar as labores de rexeneración polos propios mariscadores.

O deputado socialista instou ao PP a tratar o problema “con seriedade e afrontar dunha vez por todas a situación” reclamando a modificación do modelo de reinstalación e a posta en marcha dos “imprescindibles” traballos de reinstalación.

Mariscadores

Val Alonso acusou ao goberno galego de ter provocado a situación de 4 mariscadores detidos por un suposto delito contra a saúde pública derivado da falla de control na calidade das augas na Ría de Ferrol. Lembrou que as augas en zonas consideradas aptas para a comercialización están dando niveis de fecais idénticos a zonas prohibidas, de acordo coas análises realizadas polo Intecmar.

Dixo que “non é lóxico que o goberno galego intente botar fora as súas responsabilidades e descargue nas confrarías toda a responsabilidade do produto que sae á venda” co único obxectivo de “sacarse o problema de diante”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar