Irresponsable negativa ao diálogo do PP ao rexeitar as propostas socialistas no Debate do Estado da Autonomía

Irresponsable negativa ao diálogo do PP ao rexeitar as propostas socialistas no Debate do Estado da Autonomía

Irresponsable negativa ao diálogo do PP ao rexeitar as propostas socialistas no Debate do Estado da Autonomía

A viceportavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP de “situarse na irresponsabilidade ao negar o diálogo” no Parlamento e rexeitar tódalas propostas socialistas ao Debate do Estado da Autonomía. A responsable socialista interveu na última xornada de debate para presentar as 40 propostas do PSdeG centradas en reforzar os servizos públicos, modernizar Galicia, afondar no autogoberno e facer política “para as persoas”.

Vilán replicoulle hoxe á proposta do PP dirixida a impoñer o goberno da lista máis votada nos concellos, suprimindo o sistema de representatividade proporcional, mentres apoian unha moción de censura en Tui para facer alcalde a un candidato que só ten 2 concelleiros. Acusou a Rueda e ao ex alcalde e deputado autonómico Moisés Rodríguez de apoiar esta “operación” contraria á resolución 23 do PPdeG.

Criticou os “complexos” do PP co Constitución na que, lembrou, “Alianza Popular abstívose”, e puntualizou que “nós non estamos acomplexados co constitucionalismo, nin do 78 nin da Constitución previa ao golpe de Estado de Franco”. Apostou pola reforma da actual Carta Magna para cambiar o Título VIII, que regula a organización territorial do Estado.

Acusou ao PP e ao presidente da Xunta de “agochar a súa parálise detrás da cuestión catalá” xa que, lembrou, foi o propio Feijóo quen escolleu a data desbotando as peticións dos socialistas para cambialo a outra data. Criticou tamén que enganara á Cámara ao comprometer a chegada do AVE para 2019, cando a publicación no BOE de onte da licitación do contrato, “sitúa a chegada do ten a Galicia como moi cedo en 2022”.

Patricia Vilán renomeou o de hoxe como debate do Estado da Inacción polo escaso balance que presentou o presidente da Xunta, e sinalou que “necesitamos políticos de verdade, non presidentes autonómicos que nin sequera poden demandarlle aos seu compañeiros na Mesa do Congreso que desbloqueen a transferencia da AP-9.

Diálogo

Vilán contrapuxo a posición inmobilista do PP á “aposta polo diálogo para desenvolver cambios políticos e económicos dende xa” que destila das propostas de Resolución do Grupo Socialista. Reivindicou así o reforzo dos servizos públicos rematando coas listas de agarda na dependencia, a retirada do anteproxecto de modificación da Lei de Saúde de Galicia, a contratación de 1.600 profesionais da sanidade ou incrementar os recursos materiais e humanos no ensino público.

Presentou as propostas dirixidas a modernizar Galicia potenciando o I+D+i, propuxo rematar as infraestruturas pendentes e o cumprimento do Pacto Local aprobando un proxecto de Lei de Financiamento Local acordada coa Fegamp. Tamén reclamou “afondar nun maior autogoberno” desbloqueando a transferencia da AP-9, ou abrindo o diálogo para cambiar ao director da CRTVG ou modificar a Lei do Consello consultivo.

Propuxo abrir a reforma da Constitución e do Estatuto de Autonomía, e subliñou que “deploramos a ruptura da orde constitucional e do dereito internacional e reivindicamos o respecto ao Estado de Dereito”. Sinalou que “en momentos de tempestade, é xustamente cando máis se necesita o diálogo”.

Finalmente, resumiu o bloque de propostas “para as persoas” coa aposta pola Estratexia de loita contra o desemprego para recuperar como mínimo os recursos destinados en 2011 ás políticas activas de emprego. Reivindicou apoio para elaborar un Plan Estratéxido de Igualdade de Xénero no Medio Rural e un proxecto de Lei de Identidade de Xénero para Galicia, “para que cada persoa poida amar libremente a quen queira, cando queira e como queira”.

Propostas

Os socialistas galegos apoiaron a proposta do PP relacionada cos sucesos de Cataluña do pasado domingo ao incorporar a transacción socialista para que o Parlamento lamente “os episodios que alteraron a pacífica convivencia”. Ademais, os socialistas mantiveron a proposta de resolución para condenar a ruptura da orde constitucional, chamar ás autoridades a respectar as vías de diálogo e buscar unha reforma constitucional e modernizar o autogoberno en Galicia a través da reforma do Estatuto.

Explicou que “reprobamos todo tipo de violencia, lamentamos tódolos feridos e condenamos a irresponsabilidade da Generalitat que non parou o Referéndum sabendo que había feridos na rúa”. Acusou ao PP de “non tomar ningunha decisión política e agocharse detrás das forzas e corpos de seguridade igual que agora se agochan detrás do Tribunal Constitucional e das decisións dos tribunais”.

Tamén apoiaron a proposta do PP sobre o discurso do Rei do pasado martes, ao incorporar unha transacción socialista para subliñar as vías “para que calquera persoa poida defender as súas ideas dentro do respecto á Lei nun espazo de concordia e de encontro con todos”.

Vilán apuntou ademais o apoio á proposta do PP para consensuar un plan de eliminación dos elementos de exaltación do franquismo, que aquel grupo quería consensuar coa Fegamp nun diálogo que foi ampliado á igrexa católica e á administración xeral do Estado grazas á aportación dos socialistas galegos.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar