Irresponsabilidade de Estado coa modificación de 20 leis diferentes a través da Lei de Acompañamento

Irresponsabilidade de Estado coa modificación de 20 leis diferentes a través da Lei de Acompañamento

Irresponsabilidade de Estado coa modificación de 20 leis diferentes a través da Lei de Acompañamento

Méndez Romeu Estado AutonomíaO portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe a “irresponsabilidade de Estado” demostrada polo goberno galego ao modificar ata 20 leis vixentes a través da Lei de Acompañamento aos Orzamentos co fin de eludir un mínimo control e garantía parlamentaria. Así o dixo no debate en Comisión da dita Lei, que será levada a Pleno do Parlamento para a súa aprobación definitiva.

Méndez Romeu sinalou que entre estas leis modificadas 15 foron aprobadas polo goberno de Feijóo, 10 nesta mesma lexislatura e 2 foron aprobadas este mesmo ano. Isto da a medida das consecuencias da “diarrea lexislativa” dun executivo que aproba normas sen unha mínima calidade e que “no mellor dos casos son inútiles e no peor mesmo contraproducentes”.

A “produción incesante de normas que se modifican a si mesmas provoca inseguranza xurídica” e mes provoca, advertiu, serias dificultades no comercio interior de Galicia e entorpece a implantación de negocios.

O portavoz socialista advertiu que a norma chega ao esperpento de modificar a tramitación urbanística “no mesmo momento en que se inicia o trámite parlamentario da nova Lei do Solo de Galicia”, que entrou no Parlamento no Pleno desta mesma semana.

Os socialistas manteñen 23 das 25 emendas presentadas ao texto para facer fronte a unha norma que impón unha modificación da Lei de Investigación “de tal calibre que cumpriría un novo texto lexislativo”.

Tamén inciden na inutilidade das normas para regular o proceso de fusión de concellos que intentou iniciar Feijóo e que “ten fracasado e mesmo foi abertamente rexeitado polos concellos” que “o que demandan é a mellora da cooperación no eido local”.

Méndez Romeu alertou de que o texto pretende modificar a Lei de Medios Públicos de Comunicación de Galicia, aprobada pero sen desenvolver nin aplicar polo PP e o goberno galego, para perpetuar ao seu actual director xeral no cargo durante os próximos nove anos. Os socialistas reclaman que se execute o texto para renovar este cargo e teña que ser escollido por maioría cualificada do Parlamento.

Emendas aprobadas

A Comisión de Economía do Parlamento aprobou hoxe dúas emendas das 25 presentadas polos socialistas galegos a esta norma, para garantir que a historia clínica teña carácter público e confidencial para impedir que poida caer en mans de empresas privadas.

Tamén foi aprobada unha emenda socialista para endurecer as multas no caso de que as industrias ou instalacións do sector enerxético incumpran as normas de seguridade establecidas, elevando o máximo das multas dende 10.000 a 25.000 euros.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar