A irrelevancia de Feijóo impide rebaixar as peaxes da AP-9

A irrelevancia de Feijóo impide rebaixar as peaxes da AP-9

A irrelevancia de Feijóo impide rebaixar as peaxes da AP-9

. O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, lamentou hoxe que a “irrelevancia” de Feijóo en Madrid limite o seu papel ao de “consentidor das desigualdades de Rajoy que discriminan aos galegos e galegas”. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei socialista para reducir as tarifas da AP-9 decretadas por Rajoy en 2012 e que será votada mañá co previsible veto do PP.

O responsable socialista lamentou que o presidente galego acepte “encantado” unhas “taxas desorbitadas” que “limitan o acceso á AP-9 das persoas con menos recursos e lastran o desenvolvemento socioeconómico de Galicia” e que converten unha oportunidade de comunicación nunha “carga inasumible para familias e empresas”.

Lembrou que a complicidade de Feijóo remóntase ao seu papel como conselleiro de Ordenación do Territorio cando Aznar ampliou a concesión por 25 anos, e continúa como presidente cando, en 2012, Rajoy subiu o IVE do 18 ao 21 por cento. Naquel ano aplicou o Decreto 20/2012 compensando a Audasa pola baixada das tarifas nun 7 por cento e Ana Pastor asinou o o incremento anual do 1 por cento das tarifas durante 20 anos.

Os socialistas presentaron hoxe unha proposta para pedirlle ao goberno recuperar a redución das tarifas suprimida polo Real Decreto – Lei 20/2012 e asumir as obras de ampliación da capacidade da AP-9 evitando así a suba do 1 por cento durante 20 anos a partir de 2018.

As copas de Montoro

O parlamentario socialista sinalou que “o PNV si que estivo nas copas de Montoro”, en alusión á borracheira financeira á que aludía o ministro de Facenda, pero advertiu que “vostedes, os do PP de Galicia, chegaron no momento da resaca, cando todo o peixe estaba vendido”.

Sinalou así que “mentres vostedes calan, Rajoy desbloquea o AVE ao País Vasco, pero do AVE de acceso a Galicia –Ourense- nada de nada”. Continuou referíndose ao “programa completo de investimentos co compromiso de estar plenamente operativo en 2023 e ter conexión con Francia en 2025, pero do AVE entre Lugo e Ourense, ou da saída sur de Vigo a Portugal, nada de nada”.

Fernández explicou que o recente acordo de Rajoy co PNV supuxo 849 millóns de euros por cada un dos seus 5 deputados, ata un total de 4.200 millóns de investimentos, pero “cero euros por cada un dos 12 deputados do PP no Congreso”.

Ao mesmo tempo destina 3.500 millóns para o rescate das autoestradas radiais de Madrid, pero non destina un euro para baixar as peaxes dun dos tramos máis caros de España, o da AP-9, e confirma que “os galegos e galegas sempre perdemos e a concesionaria sempre gaña”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar