Irregularidades nos pagos aos traballadores da CRTVG

Irregularidades nos pagos aos traballadores da CRTVG

crtvgA deputada socialista Concepción Burgo reclamoulle á dirección da CRTVG a regularización da débeda contraída cos traballadores polas “irregularidades escandalosas” detectadas nos pagos á Seguridade Social dende 2010. Burgo presentou unha serie de iniciativas parlamentarias sobre a “neglixencia contable” detectada polos sindicatos con representación no ente.

Burgo lembra que as mermas nas cotizacións dos traballadores e traballadoras chegaron en algún caso aos 600 euros mensuais e que, tal e como recoñeceu o director xeral en sede parlamentaria, suman unha débeda de 1,6 millóns de euros coa Seguridade Social pola neglixente aplicación da normativa laboral.

A responsable socialista lembra a incongruencia entre a cifra recoñecida publicamente polo ente e a que manexan os sindicatos, que oscila entre os 4 e os 15 millóns de euros, polo que reclama que presente a contía real desta débeda e os acordos acadados co denunciante das irregularidades ns cotizacións.

Os socialistas reclaman coñecer tamén o número de traballadores e traballadoras afectados polos citados acordos e a fórmula escollida para liquidar as contías debidas, xa que “recentemente coñecemos a través dos medios de comunicación que a Corporación chegou a un acordo para regularizar as infracotizacións”. Sen embargo, a día de hoxe “sabemos moi pouco do pactado”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar