Irregularidades nos grupos de acción costeira

Irregularidades nos grupos de acción costeira

Irregularidades nos grupos de acción costeira

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, levou hoxe unha pregunta oral á Comisión de Pesca do Parlamento na que advirte da situación irregular do actual presidente do Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte –GALP 3-. A responsable socialista sinala que, como xubilado, a normativa que regula as confrarías e federacións impide que poida ser elixido.

Toja sinalou que este caso “constitúe unha mostra da xestión irresponsable e desastrosa dos recursos públicos procedentes da UE por parte da Consellería”, e puntualizou que “vai moito máis alá dun asunto local do GALP 3 ou da Confraría de Caión, trátase de prácticas irregulares nas institucións”.

Toja lembrou que a propia conselleira de Pesca lembrara en 2014 que no mes de maio aquel ano “terá que abandonar o seu posto e tamén a presidencia do GALP 3”, a pesares do que, tres anos despois, continúa no mesmo cargo. Considera neste sentido que “resulta sorprendente que están xestionando recursos públicos –procedentes do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca- sen cumprir coa legalidade”.

A responsable socialista criticou que, en lugar de cumprir coa súa palabra, a conselleira de Pesca “permite isto e mesmo se acompaña desta persoa en distintos actos pola costa da morte”. Esixiulle á Consellería que “leven a cabo as xestións necesarias para regularizar canto antes esta situación contraria á Lei”.

Toja resumiu que “non se está a cumprir a legalidade” por canto o titular do GALC 3 ten recibido 200.000 euros polo desguace da súa embarcación coa condición de que non podía retomar a actividade. Ademais, a normativa sinala que os membros da confraría xubilados manterán a condición de membros honorarios “sen dereito a ser elector ou elixible”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar