Inutilidade da pretendida transparencia da Xunta na Sanidade pública

Inutilidade da pretendida transparencia da Xunta na Sanidade pública

enfermerasA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe a “soberbia” demostrada polo PP e a “inutilidade” da “presunta transparencia da que presume o goberno galego”. Así o dixo logo de que o PP vetara unha proposta socialista presentada en Comisión para publicar as listas de espera da sanidade pública, as memorias de actividade dos hospitais e facilitar os datos solicitados polos pacientes.

A deputada socialista esixiu un “exercicio de transparencia real” para “facilitar nin máis nin menos que a información á que teñen dereito os cidadáns e cidadás de Galicia”, e advertiu, en ton irónico, que “ata un goberno tan pouco eficaz como o que preside Feijóo sería capaz de levar a cabo” unha iniciativa “de mínimos” neste sentido.

Acuña acusou ao goberno galego de agochar os datos reais das esperas sanitarias, incumprindo tódolos seus compromisos e deixando un número moi importante de doentes “nun limbo informático”, para non recoñecer o estado real da sanidade pública.

Denunciou mesmo que non teñan facilitado os datos reais solicitados polos socialistas galegos sobre o gasto en equipamento informático para “non dar a cara por un gasto periódico inxustificado nun contexto de recorte de gasas, xiringas, máscaras, persoal e recursos en xeral”. Dixo que “non podemos dar o dato exacto do gastado precisamente porque o goberno non o facilita”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar