Intolerable veto do PP ás medidas contra a trata de persoas

Intolerable veto do PP ás medidas contra a trata de persoas

Intolerable veto do PP ás medidas contra a trata de persoas

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, cualificou hoxe de “intolerable” o veto do PP a aplicar medidas contra a trata de persoas con fins de explotación sexual. Así o dixo logo de constatar a negativa deste grupo a unha proposición non de Lei do PSdeG para aumentar as medidas para atender ás vítimas e sensibilizar á sociedade.

A responsable socialista criticou que o PP e o goberno galego “non teñen nin sequera a intención de cumprir coas leis e cos compromisos na loita contra a prostitución e a trata de persoas”. Censurou que o goberno galego non amose a mais mínima intención de cumprir coa Directiva da UE que recomenda a elaboración dunha Lei integral contra a trata de persoas con fins de explotación sexual.

Criticou que o goberno galego se limite a deixar a atención a estes colectivos nas mans das Oblatas de Ferrol, ou das Adoratrices de Ourense ou Cáritas, entidades de carácter relixioso inadecuadas para este cometido. Aludiu así ao convenio anunciado polo goberno galego e subliñado polo conselleiro de Vicepresidencia nunha visita, a comezos de ano, ás Oblatas de Ferrol.

Acuña dixo que “no PP todo é unha gran mentira” para “antepoñer o negocio aos dereitos das persoas, aínda que se baseen e sosteñan na escravitude”. Chamou a “rematar coa hipocresía e tolerancia” con estas prácticas que forman parte dun “negocio tolerado, consentido e en certa medida ata subvencionado polas administracións públicas”, que manteñen convenios con medios de comunicación que ao tempo reproducen anuncios explícitos de prostitución.

Os socialistas galegos lamentan a oposición do PP ás propostas de elaboración dunha campaña de sensibilización contra a trata das persoas con fins de explotación social, actuar e lexislar para prohibir a publicidade de contido sexual vexatoria para a muller e os anuncios de prostitución, ou a posta en marcha, en coordinación cos concellos, de programas de protección social e recuperación integral das persoas que foron explotadas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar