Intolerable veto do PP a investigar o asasinato de xénero no CHUO

Intolerable veto do PP a investigar o asasinato de xénero no CHUO

Intolerable veto do PP a investigar o asasinato de xénero no CHUO

CHUOA portavoz de Igualdade e Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou o veto do PP a unha moción socialista para iniciar unha investigación interna sobre o asasinato dunha muller polo seu maltratador mentres estaba ingresada no Hospital de Ourense. Acuña cualificou de “intolerable” o rexeitamento do PP a esta iniciativa debatida hoxe no Pleno do Parlamento. A responsable socialista denunciou ademais a conivencia do PP coa Fiscalía mentres “a cidadanía alarmada e escandalizada ve cómo xustifica que sexa a xuíza de Verín a que instrúa o caso, a mesma que considerou innecesario protexer á vítima”. Acuña fíxose eco das queixas

da familia da vítima, que considera “moi grave” a conduta da xuíza e sinala a apertura de expedientes a xuíces “por motivos moito mais pequenos”. Acuña lamentou a resposta do PP e do conselleiro da Vicepresidencia, que “se limita a defenderse atacando e a protexer a actuación da Xustiza coa manida desculpa do segredo de sumario”. Preguntou “por qué non hai que investigar” e sinalou que “ou ben están ocultando algo ou a amizade coa Fiscalía ten un prezo e hai que pagalo”. Os socialistas galegos esixiron “abrir portas e fiestras con toda urxencia” e investigar os feitos que derivaron no ingreso dunha muller por malos tratos no Hospital de Ourense sen ningún tipo de medida de protección malia ás sospeitas da Garda Civil, e que rematou co asasinato a mans da súa parella mentres permanecía ingresada. Orzamentos A deputada socialista reclamou tamén recuperar os orzamentos para Igualdade ao nivel do ano 2009, logo de lembrar que o goberno de Feijóo reduciunos dende os 60 millóns de euros orzamentados polo goberno de Emilio Pérez Touriño ata os 12 millóns que lle consigna o PP para o ano 2015. Lembrou que a partida destinada ás accións de igualdade, protección e promoción da muller situouse en tan só 6,2 millóns en 2015. O PP tamén vetou a proposta socialista para realizar “un estudo pormenorizado de cada un dos casos das mulleres vítimas de violencia de xénero que foron asasinadas despois de ter feita a denuncia, conten ou non cunha orde de protección”. Dixo que “non é irresponsable falar de que as mulleres morren despois de ter denunciado, o que é unha irresponsabilidade imperdoable é que un goberno que sabe que iso é así se negue a facer nada e demonice á oposición por pedir explicacións e solucións”. Subliñou que “non somos os grupos da oposición os que desanimamos ás vítimas a que denuncien, o que desanima ás vítimas é coñecer e comprobar con demasiada frecuencia que a denuncia non é a solución que agardan e que matan ás mulleres incluso despois de ter denunciado”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar