Intolerable inacción do goberno para prever casos de violencia machista nos centros sanitarios

Intolerable inacción do goberno para prever casos de violencia machista nos centros sanitarios

A portavoz de Sanidade e Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou a “inacción intolerable” da Xunta para mellorar a seguridade nos centros sanitarios logo do asasinato dunha vítima de violencia machista no Hospital de Ourense, onde foi “rematada polo seu agresor”. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Sanidade para coñecer as medidas de seguridade do Sergas.

Acuña amosou a súa sorpresa pola falla de resposta do xerente do Sergas, Antonio Fernández – Campa, que diante da pregunta directa non foi quén de precisar as medidas de protección para esta vítimas. A responsable socialista preguntoulle “quén protexe a estas mulleres nos centros sanitarios? A Policía, a Garda Civil, a Policía Local, os celadores ou o persoal sanitario?” sen obter resposta do goberno.

Considerou “absolutamente insuficiente” que a Xunta exhibira hoxe como única liña de defensa destas vítimas unha guía para profesionais, que a todas luces “está claro que non chega, non está ben e está incompleta” logo do caso de Ourense, ou un programa online, ao que “se non hai sensibilización dende logo non van acudir” os profesionais responsables.

A responsable socialista lembrou ademais a testemuña do responsable dos colexios médicos de Galicia, quen falando como membro da Comisión de Ética Sanitaria revelou o conflito daquel órgano “co feito de que os profesionais tiveran que denunciar cando a vítima non quería facelo”. Acuña subliñou que “se nos cuestionamos isto cuestionámonos a base e o piar fundamental das leis contra a violencia de xénero”.

Tampouco obtivo resposta do goberno galego fronte á actuación do centro hospitalario logo de constatar as sospeitas das forzas de seguridade de que se trataba dun caso de violencia de xénero. Dixo que “lamentablemente esta morte non se pode evitar, pero temos recursos para evitar que esta situación se repita e poida morrer outra muller como vítima da violencia machista nun centro hospitalario”.

Retroceso

Acuña criticou o “retroceso no camiño da igualdade propiciada pola ideoloxía conservadora” do PP e do seu recorte drástico nos orzamentos destinados á igualdade e de loita contra a violencia. Criticou tamén a decisión do PP de “lexislar en contra dos dereitos das mulleres” ao prohibir o aborto ou suprimir a asignatura de Educación para a Cidadanía e substituíla por Relixión.

“Alí onde gobernan –engadiu- tamén se encargaron de recortar no coidado á saúde das mulleres pechando os COFs, suprimindo as unidades móbiles para realizar mamografías, recortando tratamentos de fecundación e pola ausencia de financiamento público para os métodos anticonceptivos”.

Acusou ao PP de cebarse “coas mulleres que teñen mais dificultades, as mais débiles, as que teñen unha situación mais difícil ou de menor idade” provocando actuacións “absolutamente dramáticas” ao devolver os abortos á clandestinidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar