Intolerable discriminación nos prezos do carburante en Galicia

Intolerable discriminación nos prezos do carburante en Galicia

Intolerable discriminación nos prezos do carburante en Galicia

O portavoz de Comercio do Grupo Socialista, Manel Gallego, denunciou unha “lamentable discriminación” contra os transportistas e usuarios de vehículos en xeral polo prezo do combustible en Galicia. O responsable socialista presentou unha iniciativa parlamentaria na que constata que Galicia continúa a ser unha das comunidades autónomas cos prezos da gasolina mais elevados.

Manel Gallego denunciou o desleixo de Feijóo para corrixir unha situación “incomprensible e insostible por inxusta” contra os usuarios particulares e profesionais de combustible en Galicia. Considerou “intolerable” que cos prezos dos carburantes á baixa Galicia sexa a segunda comunidade autónoma, despois de Baleares, co prezo medio de combustible mais elevado, nunha media de 1,165 euros a día de hoxe.

O último informe da Comisión Nacional do Mercado da Competencia ratifica ademais que tres provincias galegas, Ourense, Lugo e Pontevedra, encabezan o ránking do gasóleo mais caro da península, mentres Galicia alberga 44 das 50 estacións de servizo mais caras de España.

Criticou que logo de oito meses despois de que o presidente da Xunta anunciara un paquete de medidas para favorecer a competencia e reverter a situación, “o efecto foi o contrario e a fenda de prezos continúa en aumento”. Feijóo persiste na súa decisión de manter o imposto autonómico sobre os hidrocarburos prexudicando a todos os galegos e galegas e, nomeadamente, aos transportistas que teñen que asumir sobrecustes.

Os galegos e galegas teñen que pagar hoxe 4,8 céntimos de euro por litro de combustible adicionais en concepto do imposto aplicado unilateralmente por Feijóo. Este imposto foi xa retirado nas comunidades autónomas de Cantabria, Aragón, A Rioxa, Navarra e País Vasco, mentres Castela e León o ten reducido ata 1,6 céntimos.

A Federación de Transporte de Mercadorías ten alertado publicamente a discriminación que supón este sobrecuste, cando Galicia ten o carburante antes de impostos mais caro de toda España, obrigando aos transportistas a desprazarse a repostar a Portugal ou Castela – León.

Prezos

Gallego sinala que, de acordo co Boletín Estatístico da UE, a data do 8 de decembro, o prezo medio do diésel en España estaba fixado en 1,19 euros por litro, mentres en Galicia o prezo medio era superior en 5 céntimos. As diferenzas chegan a acadar os 18 céntimos por litro si se reposta en Galicia ou en Navarra, o que supón que para encher un tanque medio de 50 litros os galegos pagan 9 euros mais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar