Interpelan á Xunta sobre a situación do concello de Santiago logo dos casos de presunta corrupción do PP

Interpelan á Xunta sobre a situación do concello de Santiago logo dos casos de presunta corrupción do PP

Interpelan á Xunta sobre a situación do concello de Santiago logo dos casos de presunta corrupción do PP

Beatriz Sestayo salienta o “gravísimo deterioro da imaxe” do Concello e na confianza na Corporación municipal logo dos sucesivos casos de corrupción dos membros do PP

Pregúntalle a Feijóo si considera o Goberno municipal un exemplo do seu modelo ético

A responsable da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, ven de interpelar ao Goberno galego sobre a disolución da Corporación Municipal de Santiago de Compostela e a convocatoria de eleccións anticipadas. A parlamentaria socialista pregúntalle a Feijóo “si considera ao Goberno municipal un exemplo do modelo ético anunciado por el mesmo”.

A responsable socialista sinala que a “estela de corrupción –ou suposta corrupción- que leva debullado o PP dende que chegou ao goberno” resulta “inaceptable para calquera sociedade democrática”. Reclámalle á Xunta, a través dunha Interpelación e dunha pregunta oral, que valore a situación na que se atopa o goberno do PP logo dos reiterados casos de presunta corrupción que atenazan aos membros deste partido.

Ademais, reclámalle que explique qué medidas ten adoptado o presidente da Xunta e cáles ten pensado tomar. Engade que, “independentemente do pleno respecto á presunción de inocencia, cómpre aducir que o gravísimo deterioro da imaxe e na confianza na corporación municipal únese unha situación de grave conflito interno dentro do grupo municipal popular de grave transcendencia pública”.

Relatorio

Os socialistas fan nesta iniciativa un relatorio dos casos que teñen afectado ao PP no Goberno local, que comezan coa dimisión do alcalde, Gerardo Conde Roa, nove meses despois da súa toma de posesión en presenza de Feijóo, por unha fraude fiscal de 291.000 euros de IVE cobrado pero non declarado. Posteriormente, sinalan, foi imputado por un suposto acoso a un policía municipal, e mais recentemente na Operación Manga.

Ademais, lembran que o número 3 das listas do PP en Santiago “tivo que dimitir como concelleiro ao ser atopado pola Garda Civil durmido ebrio nun semáforo”, malia o que foi nomeado xefe de gabinete da alcaldía, e agora está imputado e en prisión preventiva pola Operación Manga.

O número 4 e actual alcalde, ademais, está neste momento imputado pola Operación Pokémon “e tamén por un suposto delito de acosos a un funcionario policial”, mentres o actual xefe de gabinete do alcalde está tamén imputado polo caso Pokémon.

O número 8 das listas do PP, ex concelleiro de Tráfico e Seguridade Cidadá, está imputado por un presunto delito de acoso e figura imputado na Operación Manga, hoxe en liberdade baixo fianza. Finalmente, a número 14 das listas do PP, substituta de Conde Roa, ex concelleira de Educación e actualmente de Mocidade, está imputada actualmente na Operación Pokémon.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar