Interferencia dos intereses do PP na TVG

Interferencia dos intereses do PP na TVG

Interferencia dos intereses do PP na TVG

O deputado Abel Losada criticou a cobertura “apabullantemente monocor” dos Orzamentos do Estado na TVG o día da súa entrega no Congreso, xa que no Telexornal mediodía non saíu ningunha reacción dos grupos da oposición en Galicia, por seis insertos de membros do goberno do PP en España e Galicia. “PP 6-Oposición 0. Se non é a man de deus, hai outra man”, ironizou. Losada cuestionou a “capacidade de decidir de maneira autónoma” do director xeral da CRTVG e criticou que as interferencias “non só son go goberno galego, senón dos intereses do Partido Popular, que é aínda máis grave”.

 

O socialista pediu “un criterio único e claro” para a cobertura das informacións que afectan a Galicia no Congreso, e lembrou que ese día había dous redactores cubrindo en directo a información dos Orzamentos en Madrid, e aínda así non se tivo en conta a opinión dos grupos da oposición, a pesar de que os socialistas así o demandaron. “No TX1 non sae nada da posición dos socialistas galegos, pero si unha sobredose do ministerio de Facenda”, dixo.

 

Losada lamentou que a TVG estea instalada na “política ficción e a posverdade” e censurou que ese tipo de coberturas monocores suceden “noutros rexímenes”. Como mostra de que a canle autonómica responde aos intereses do PP, trasladou o exemplo de que nunha semana “asolagada polos temas de corrupción do PP”, o programa Área Pública adicase os seus recursos a realizar unha infografía detallada sobre un asunto xudicial que afecta a un funcionario dunha institución local non afín á Xunta.

 

Por último, cualificou como “lamentable” a intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no último pleno do Parlamento, na que “non foi capaz de explicar a situación lampedusiana” na que se atopa a lei dos medios públicos, cun incumprimento flagrante por parte do goberno galego desde hai seis anos.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar