Insuficientes e ridículas axudas por ataques de lobo a gando

Insuficientes e ridículas axudas por ataques de lobo a gando

Insuficientes e ridículas axudas por ataques de lobo a gando

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, cualificou hoxe de “insuficientes e ridículas” as axudas do goberno galego ao agricultores polos ataques do lobo contra o seu gando. No debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura, o responsable socialista denunciou retrasos de ata 3 anos no pago de 200 euros por tenreiro, “moi lonxe dos prezos do mercado”.

O deputado socialista sinalou que a escaseza e lentitude na concesión das axudas disuade aos gandeiros galegos de presentar as súas denuncias polos ataques, co que “atopámonos no sinsentido de que ao non haber axudas tampouco hai reclamacións”. Advertiu que as partidas para estas axudas sufriron unha “redución drástica” dende os 900.000 euros de 2009 ata os apenas 100.000 euros anuais.

García reclamou “indemnizacións acorde cos prezos de mercado e onde se contemple tamén o lucro cesante” ademais de medidas de prevención e disuasión para evitar os ataques reiterados que se reproducen en determinadas épocas do ano.

Apostou por buscar “fórmulas de convivencia” entre a actividade gandeira e a protección de especies da fauna salvaxe de Galicia, si ben puntualizou que “non se pode cargar exclusivamente o custe sobre os gandeiros e agricultores que teñen que sufragar o gastos polos seus medios”.

Engadiu que o goberno galego ten “moito que mellorar” neste apartado en canto a melloras nas axudas aos gandeiros e na toma de medidas preventivas, dende batidas controladas ata alimentación adicional in situ que preveñan as “visitas” do lobo ás explotación gandeiras.

Dende o PSdeG-PSOE reclamamos que a suba desas indemnizacións se faga xa nas axudas do ano 2016, en contra do manifestado pola Directora Xeral de que se esturdiará “para o ano que ven”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar