Insuficiente e inexplicable apoio da Xunta contra a pobreza enerxética

Insuficiente e inexplicable apoio da Xunta contra a pobreza enerxética

Insuficiente e inexplicable apoio da Xunta contra a pobreza enerxética

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo hoxe que o tiquet social contra a pobreza enerxética anunciado pola Xunta resulta “insuficiente cuantitativamente e cualitativamente inexplicable”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei do Grupo Socialista para garantir subministro enerxético a tódolos fogares galegos entre o 1 de novembro e o 31 de marzo, que foi rexeitada polo PP.

Losada advertiu que as axudas anunciadas polo goberno galego, ademais de ser xestionadas “sorprendentemente” pola Dirección Xeral de Enerxía, a pesares de que se trate dun “problema social”, inclúen 600.000 euros para concederlle o “tiquet social” a 7.000 empresas galegas, “qué é iso”, preguntou.

Dixo que os 2,1 millóns de euros previstos en total para estas axudas son insuficientes para axudar a 12.000 familias que viven en chabolas, 30.000 familias sen ingresos e 73.000 con tódolos seus integrantes en paro.

Ademais, Losada acusou á Xunta de dificultar a solicitude das axudas “ata o punto de resultar semellantes a unha bolsa para a universidade de Harvard”, ademais de requirir a súa solicitude a través de internet, cando “falamos de xente que vive en chabolas e non pode pagar a enerxía”.

Criticou a falla de sensibilidade do PP e do goberno galego diante desta necesidade básica cando 1 de cada 10 menores pasa frío en Galicia, 2 de cada 10 está en risco de exclusión, e a Xunta recortou 2 de cada 3 euros para políticas activas de emprego, pasando de 879 a 101 euros de investimento por parado. Ademais, de acordo co Ministerio de Traballo, tódolos novos contratos asinados en Galicia entre 2014 e 2015 son temporais.

Mentres, dixo, as empresas eléctricas teñen previsto un incremento dos seus dividendos nun 25 por cento a 2017, uns resultados que “se reparten con cargo aos beneficios”, e o goberno continúa “sen ofrecer a mínima acción proactiva” rexeitando tódalas iniciativas e emendas presentadas pola oposición neste sentido.

Prima de Alfonso Rueda

O responsable socialista acusou hoxe á curmá do vicepresidente da Xunta e presidenta do ICO, Irene Garrido Valenzuela, de ser “incapaz de plantexar alternativas de financiamento para a compra por un grupo sueco do ferry construído por Vulcano que leva 3 anos parado no estaleiro de Vigo”. Losada lanzou esta acusación durante o debate dunha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta unha Axenda para o Fortalecemento do Sector Industrial de Galicia, rexeitada polo PP.

O responsable socialista utilizou este caso para exemplificar o fracaso da política industrial do goberno galego, que en seis anos provocou a perda de 1 de cada 4 empregos no sector mentres “falan do mito da industria 4.0, que para Galicia é un soño” mentres o tecido empresarial careza da tecnoloxía e os medios necesarios.

As empresas galegas, dixo, son “moi pequenas de tamaño, teñen menos capacidade de incrementar salarios para competir internacionalmente, o sistema financeiro non acaba de responder a estas dificultades e ata os préstamos do BEI estiveron conxelados dende o affaire de Feijóo co empresario condenado Dorribo”.

Acusou ao goberno galego de vender unha suposta innovación e puxanza do sector industrial cando o Índice de Produción Industrial mantense subiu pouco máis da metade que no resto do Estado no III trimestre, un 2,2 por cento fronte ao 4 por cento nacional. No mesmo sentido, a entrada de pedidos industriais foi 17 veces superior no Estado que en Galicia e no nivel de facturación “sucede exactamente o mesmo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar