Instrumento de cambio e impulso para Galicia

Instrumento de cambio e impulso para Galicia

Instrumento de cambio e impulso para Galicia

O candidato do PSdeG á Xunta de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, presentou no compostelán Parque de Bonaval as candidaturas dos socialistas galegos ás próximas eleccións autonómicas do 25 de setembro. Sinalou que os integrantes das listas socialistas constitúen o “instrumento para o cambio en Galicia”.

Fernández Leiceaga dirixiu a presentación de hoxe, na que os candidatos e candidatas luciron unha rosa en representación da “sociedade máis igualitaria e progresista que queremos” e un lazo azul para subliñar “o noso compromiso con Galicia”.

Subliñou que unha vez rematado o proceso de configuración das candidaturas, as listas “son de todos e de todas, non de ninguén en particular, nin sequera miás como candidato, senón de todo o PSdeG, e son o novo instrumento chamado a dar un novo impulso a Galicia e combater a parálise que representa o PP e ás súas políticas de recortes que atentan gravemente contra os dereitos básicos, a educación e a sanidade”.

Engadiu que “estamos seguros de que o equipo que hoxe presentamos, renovado, máis xoven e con experiencia de xestión municipal, autonómica e noutras institucións, ten capacidade de levar o noso proxecto adiante”.

Rematou a intervención diante dos medios de comunicación sinalando que as candidaturas socialistas son “representativas de toda Galicia” e instou a “mirar cara ao futuro, a poñer ao PSdeG ao servizo de Galicia para conseguir os cambios que necesita, para ofrecer máis oportunidades, menos pobreza, e recuperar unha educación e unha sanidade universal e de calidade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar