Instan aos Populares a expresar no congreso a súa determinación de erradicar a corrupción no PPdeG

Instan aos Populares a expresar no congreso a súa determinación de erradicar a corrupción no PPdeG

Instan aos Populares a expresar no congreso a súa determinación de erradicar a corrupción no PPdeG

Pablo García critica que Feijóo se amose indignado si se lle pregunta polo extesoreiro do PP, “cando ten o seu propio Bárcenas a 50km. do seu domicilio”, en alusión ás contratacións de Baltar

Esixe a Cospedal e a Rajoy que se pronuncien sobre a investigación dos contratos na Deputación de Ourense e considera a Feijóo e a Rueda cómplices por convivir e consentir catro anos esta situación

Os socialistas pedirán un informe a Secretaría da Deputación porque consideran que 14 dos 15 deputados do PP puideron incorrer en prevaricación ao votar onte un asunto en Pleno, a comisión de investigación, gardando parentesco, consanguinidade ou afinidade coas persoas afectadas

O Secretario de Organización do PSdeG-PSOE, Pablo García, criticou a dobre vara de medir dos populares e nomeadamente de Feijóo ante os casos de corrupción que afloran no seu partido. Así, o número dous dos socialistas galegos reproba a actitude “indignada” do Presidente da Xunta á saída da súa audiencia co Rei ao ser preguntado polo caso Bárcenas. Cando Feijóo “ten o seu propio caso Bárcenas a 50km. do seu domicilio”, dixo aludindo ás contratacións de Baltar na Deputación de Ourense, “e leva moitos anos mirando para outro lado”, acusou.

García afirma que o Presidente do PPdeG non ten que “rasgarse as vestiduras” polo que pasou en Madrid, o mesmo que Dolores de Cospedal, a quen o responsable de Organización dos socialistas galegos insta a falar de Baltar aproveitando a súa presenza no congreso do PPdeG en Lugo.

Para o socialista, “non existe un PP bo e un PP malo”, senón máis ben que o primeiro “é cómplice do que está pasando e leva pasando moitos anos” na provincia de Ourense.

García reclama a Rajoy que se pronuncie tamén sobre a investigación dos contratos de Baltar desde a convención municipal que o PP celebra en Almería, “un foro moi adecuado” para debater sobre este asunto e coñecer a opinión do que no seu día dixera que “Baltar é o PP”, lembrou o dirixente do PSdeG.

Volvendo aos líderes galegos do PP, Pablo García lembrou que Feijóo nomeou superdelegado a Rogelio Martínez, compañeiro de partido ao que “pillaron tarde, porque xa prescribira”.

Reprocha ao líder dos populares “onde está a indignación, o chegar ata o fondo, ou a tolerancia cero, onde está todo iso que di nas rolda de prensa”. Ao mesmo tempo recrimina a Alfonso Rueda, conselleiro da Presidencia e polo tanto sobre quen recae a responsabilidade de supervisar as deputacións, que leve catro anos sendo “cómplice destas actuacións”.

Rematou García esixindo aos populares que, aproveitando o congreso que celebran esta fin de semana, expresen “a súa determinación de erradicar a corrupción do PP galego, porque teñen aquí casos tan sangrantes e escandalosos como o de Bárcenas”, apostilou o secretario de Organización dos socialistas galegos.

O portavoz na Deputación ourensá, Ignacio Gómez, anunciou que pedirán informe de Secretaría sobre a capacidade dos deputados populares, a excepción do alcalde de Avión, para votar onte a investigación das contratacións de Baltar, moción que foi rexeitada precisamente por estes votos.

Para o voceiro socialista, en cumprimento da lei de Bases de Réxime Local, o ROF e a lei de Procedemento Administrativo, 14 dos 15 deputados populares poderían ter incorrido en prevaricación, xa que “está demostrada a relación de parentesco, consanguinidade ou afinidade” dos representantes populares coas persoas relacionadas co asunto a debater no Pleno.

Os socialistas advirten que seguirán a evolución da súa petición de informe e non descartan acudir á vía xudicial correspondente.

Respecto ós anuncios do Presidente da Deputación de iniciar accións legais, Gómez non entende ben a quen se dirixe esta advertencia, “si aos medios, ás persoas, aos funcionarios que afirman na rúa que isto foi unha fábrica de enchufar durante moitos anos”. Si vai dirixida ao PSdeG, “xa pode ir correndo mañá mesmo”, dixo Gómez, para afirmar logo que “os que mancharon o nome da institución foron eles”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar