Instan ao Goberno a garantir a integración do AVE en Ourense con plenas características de alta velocidade

Instan ao Goberno a garantir a integración do AVE en Ourense con plenas características de alta velocidade

Instan ao Goberno a garantir a integración do AVE en Ourense con plenas características de alta velocidade

A través dunha proposición non de lei, Seara e Blanco reclaman que se liciten á maior brevidade as obras de construción dos últimos treitos pendentes do AVE a Galicia, Taboadela-Seixalbo e Seixalbo-Estación de Ourense

Os deputados socialistas no Congreso Laura Seara e José Blanco instan o Goberno a garantir que a integración urbana do AVE na cidade de Ourense se realizará de acordo ao proxecto vixente e con plenas características de alta velocidade. Ademais, reclaman que o Goberno licite á maior brevidade as obras de construción dos dous treitos nos que se subdividiu a integración urbana na capital ourensá, Taboadela-Seixalbo e Seixalbo-Estación de Ourense, últimos tramos pendentes da LAV entre Galicia e Madrid.

Ante as informacións que apuntan a que o Ministerio de Fomento está barallando a posibilidade de cancelar ese proxecto e aproveitar o trazado actual, os deputados socialistas decidiron promover unha proposición non de lei na que instan o Goberno a garantir a execución deses tramos de acordo á declaración de impacto ambiental aprobada en 2011 e que supón a construción dunha variante duns 17 quilómetros con plenas características de alta velocidade.

Os deputados socialistas consideran que de consumarse o mantemento do trazado actual, “o Goberno condearía a LAV Madrid-Galicia a converterse na única de todo o Estado que contaría no seu traxecto cun tramo non apto para a alta velocidade, ademais de supoñer un incremento inasumible da duración das viaxes entre Madrid e Galicia e constituir unha verdadeira aberración desde calquera punto de vista ao manter un trazado do século XIX dentro dunha liña de alta velocidade do século XXI e para o século XXI”.

No texto da proposición, os deputados socialistas lembran que a construción da LAV a Galicia tivo que salvar moitos obstáculos, posto que non sempre tivo garantidas plenas características de alta velocidade. De feito, lembran os deputados, o primeiro protocolo asinado entre o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia no ano 2001 prevía “unicamente a adecuación da vía do tramo Lubián-Ourense, aproveitando a existente, o que condeaba esta liña a velocidades máximas de 140 km/h”.

Tivo que ser o Goberno socialista o que impulsara en maio do 2009 a reforma dos trazados entre Lubián e Ourense para dotar ese “tramo vital” para a salida cara á Meseta de características homologables ao resto de liñas de alta velocidade en construción en España, convertíndoa nunha liña independente, de dobre vía e proxectada para velocidades superiores aos 300 km/h.
Este traballo de adaptación culminouse a finais de 2010, nun proceso que se viu demorado debido a que a Xunta de Galicia, contravindo os acordos acadados en reunións previas, o 28 de xaneiro de 2010 contestou negativamente á exención ambiental solicitada polo Ministerio de Fomento para o tramo Lubián-Cerdedelo. Non obstante, e tras novas negociacións coa Xunta de Galicia e o Goberno de Castela e León, acadouse a exención ambiental, “si ben ao coste de demorar en 8 meses a aprobación do estudo dos tramos reformados”.

Dentro desa redefinición e mellora dos trazados ata entón proxectados, aprobouse unha solución para a integración ferroviaria en Ourense acorde aos tempos previstos para a liña de alta velocidade entre Madrid e Galicia. En setembro de 2009 o estudo informativo do proxecto de integración do ferrocarril en Ourense saiu a información pública e o 12 de abril de 2011, o Concello de Ourense, o Ministerio de Fomento, ADIF e Renfe asinaron o protocolo de colaboración no que se definía a solución de integración ferroviaria en superficie para a cidade.

“Incomprensiblemente, a Xunta de Galicia negouse a ratificar unha solución que melloraba en todos os aspectos posibles o trazado proposto no ano 2003, esixindo ademais un soterramento que, sen aportar vantaxe funcional ningunha, encarecía os custes en máis de 400 millóns de euros. E facíao, ademais, en franca contradición coa solución á que o propio presidente da Xunta lle dera o visto e prace como conselleiro de Obras Públicas no ano 2005 e que, en efecto, rexeitaba o soterramento e defendía a integración na cidade en superficie, se ben mantendo a liña no seu corredor actual”, inciden.

Ante esta situación, e en vista das información publicadas, os deputados socialistas instan o Goberno a manter o proxecto de integración previsto e a promover a súa execución á maior brevidade para garantir a integración na cidade con plenas características de alta velocidade.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar