Instan ao Consello Consultivo a fiscalizar a proposta do PP de restar competencias aos concellos en favor das deputacións

Instan ao Consello Consultivo a fiscalizar a proposta do PP de restar competencias aos concellos en favor das deputacións

Instan ao Consello Consultivo a fiscalizar a proposta do PP de restar competencias aos concellos en favor das deputacións

Beatriz Sestayo advirte que esta reforma proposta polo PP “resta autonomía a unhas entidades protexidas pola Constitución e básicas para o funcionamento da democracia”

A portavoz de Presidencia, Administración Pública, Xustiza e Interior do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, chamou ao Consello Consultivo a controlar a reforma da administración local proposta polo PP para restarlle competencias aos concellos pequeno en favor das deputacións provinciais. Así o dixo na comparecencia da presidenta do órgano na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

Sestayo advertiu que esta reforma do eido local proposta polos conservadores “esixirá un control moi rigoroso e estudos ambiciosos sobre o seu impacto”. Por iso animou a “controlar unhas reformas que restan autonomía a unhas entidades, como os concellos, protexidas pola constitución e básicas para o funcionamento e a saúde da democracia a través da administración mais próxima aos cidadáns”.

A responsable socialista saudou o traballo do Consello Consultivo por canto as súas recomendacións “intentan corrixir a tendencia das administracións públicas a suprimir garantías e reducir cotas de democracia aos cidadáns”. Cualificou como “absolutamente irrenunciable” o traballo deste órgano que “reforza o autogoberno e a capacidade de xestión do noso país”.

Lamentou que a “falsa austeridade” promulgada por Feijóo “incida nos órganos de control” do goberno, por canto prexudica o seu traballo e, polo tanto, empeora a calidade do sistema democrático.

Apoiou así as peticións de ampliación das prazas do organismo, por canto “un recorte no persoal supón un recorte nas labores de control deste órgano” e chamou a “compensar o aforro e a racionalización cun imprescindible incremento no capital humano”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar