Instamos á Xunta a chegar a acordos para a rehabilitación do castelo de Doiras

Instamos á Xunta a chegar a acordos para a rehabilitación do castelo de Doiras

Instamos á Xunta a chegar a acordos para a rehabilitación do castelo de Doiras

A deputada lucense Concepción Burgo vén de rexistrar varias iniciativas parlamentarias nas que insta á Xunta de Galicia a establecer conversas coa Fundación Xosé Souto, propietaria do castelo de Doiras, para “chegar a acordos que posibiliten a rehabilitación e posta en valor” da edificación e deste xeito “evitar o seu deterioro e apuntalar a economía da comarca” dos Ancares.

A socialista apunta que o castelo de Doiras, situado na parroquia de Santa María de Vilarello, co concello de Cervantes, “e un verdadeiro símbolo da comarca e un referente das fortalezas medievais” e Ben de Interese Cultural (BIC) desde 1994. Burgo lamenta que sexa noticia polo informe que o colectivo Patrimonio dos Ancares lle entregou á Xunta “alertando de danos na fortaleza e dos efectos do seu abandono”.

A propia fundación recoñece que ten actividades programadas e realiza traballos de mantemento pero “non ten os medios económicos necesarios para rehabilitar totalmente e poñer en valor” o castelo. “A responsabilidade do mantemento e da protección dun BIC é innegablemente do propietario pero tamén da Xunta, que non pode estar impasible ante o deterioro dun patrimonio monumental desta importancia ademais de ter todas as competencias por lei”, afirma Burgo.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar