Insta ao Goberno a impulsar a execución das obras e contratar canto antes os treitos pendentes da autovía Lugo-Santiago

Insta ao Goberno a impulsar a execución das obras e contratar canto antes os treitos pendentes da autovía Lugo-Santiago

Insta ao Goberno a impulsar a execución das obras e contratar canto antes os treitos pendentes da autovía Lugo-Santiago

O deputado socialista denuncia a ralentización das obras, o recorte presupostario e os retrasos impostos polo Goberno nunha infraestrutura “vital para a vertebración da Galicia interior”

O deputado socialista no Congreso José Blanco ven de presentar unha proposición non de lei na que demanda ao Goberno que impulse a execución dos treitos en obras e a contratar á maior brevidade os treitos pendentes da Autovía Lugo-Santiago, co obxecto de acelerar a construción e posta en servizo dunha infraestrutura vital para a vertebración da Galicia interior.

A proposición non de lei nace da constatación da ralentización desta autovía (os fondos consignados nos Persupostos Xerais do Estado para 2013 non son nin a metade dos programados polo último Goberno socialista) e do retraso aprobado polo Goberno central, que condea a esta infraestrutura a non estar concluída no mellor dos casos antes do ano 2017.

Na proposición, Blanco lembra que cando o Partido Socialista accede ao Goberno de España no 2004 atópase con que ningún dos seis tramos nos que se subdivide esta Autovía contaba con estudo informativo nin Declaración de Impacto Ambiental.

Fronte a esta realidade, o Goberno socialista acelerou o proxecto de xeito que ao peche do exercicio pasado, xa se iniciaran as obras en cinco tramos, que cosntitúen o 67% do trazado, e se licitaran os proxectos dos subtramos Arzúa-Melide e Melide-Palas de Rei.

De feito, e con datos facilitados polo actual Goberno, ata o cambio de goberno executárase inversión por importe superior aos 109 millóns de euros e no ano 2011, o Ministerio de Fomento executou inversión por enriba do presupostado (41,89 millóns de euros, fronte aos 39,96 millóns previstos).

Sen embargo, tras o cambio de Goberno, “o horizonte temporal para a conclusión desta autovía pospúxose ata 2017”. “E en liña con ese retraso, o Goberno actual só consignou 27,41 millóns de euros para o ano en curso e 30,14 millóns de euros para 2013, cifras moi afastadas dos máis de 60 millóns de euros que figuraban na planificación presupostaria do anterior Executivo para cada un deses exercicios”.

“Todo isto pon en risco o cumprimento dos propios prazos avanzados polo Goberno, sobre todo cando se decoñecen os compromisos do Executivo para a contratación, execución e posta en servizo dos tramos pendentes”, sostén Blanco, quen reclama por todo iso que o Congreso inste ao Goberno a impulsar a execución dos treitos en obras e a contratar os treitos pendentes dunha infraestrutura vital para a Galicia interior.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar