Insoportable recorte de persoal na Galiña Azul de Carril

Insoportable recorte de persoal na Galiña Azul de Carril

Insoportable recorte de persoal na Galiña Azul de Carril

Aula Infantil colexioA deputada socialista Patricia Vilán presentou unha pregunta oral na Comisión de Política Social celebrada hoxe no Parlamento na que reclamou a reposición das dúas mestras suprimidas o ano pasado da escola infantil Galiña Azul de Carril. A deputada pontevedresa advertiu que este recorte deixou ao centro apenas con dúas mestras para cinco unidades educativas.

A Galiña Azul de Carril ten actualmente 66 nenos e nenas repartidos entre cinco unidades que son atendidas por dúas mestras, nove educadores e educadoras e un Persoal de Servizos Xerais. Esta situación, advertiu Vilán, fai imposible que se cumpra o principio da “parella educativa”, que recomenda unha mestra e unha coidadora por cada unidade, cunha clara carencia de persoal docente.

A deputada socialista lembra que a propia Anpa da escola ten recollido 3.400 sinaturas para recuperar a dotación de persoal, unha demanda recibida e apoiada polo pleno do Concello de Vilagarcía de Arousa co apoio explícito de PSdeG, PP, EU e BNG, sen que ata o momento o goberno galego se teña manifestado.

A situación desta Galiña Azul supón un claro deterioro na calidade da atención aos nenos e nenas, e constitúe unha mostra máis das consecuencias dos recortes aplicados polo goberno de Feijóo.

Estes teñen provocado deficiencias na atención a nenos e nenas con diversidade funcional, recortes indiscriminados nos cadros de persoal, peches de escolas, incrementos nas matrículas e nas listas de espera e mesmo dificultades do persoal interino para situarse nos centros máis achegados aos seus domicilios.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar