Insisten a Guerra en que confirme o apoio firme da Xunta á sociedade anónima laboral dos traballadores de Privilege

Insisten a Guerra en que confirme o apoio firme da Xunta á sociedade anónima laboral dos traballadores de Privilege

Insisten a Guerra en que confirme o apoio firme da Xunta á sociedade anónima laboral dos traballadores de Privilege

A posta en dúbida do mesmo polo director do Igape, que afirma que non apoiarán o que denominou de aventura, provocou a pregunta da Beatriz Sestayo

A deputada socialista afirma que o conselleiro debera tomar medidas políticas co seu subordinado ou asumir a responsabilidade política de ter promovido unha SAL que logo non se apoie

O traballadores de Privilege estiveron seguindo o debate desde a tribuna de invitados do Hemiciclo. Guerra insistiu na necesidade de coñecer a viabilidade do plan de empresa antes de comprometer o seu apoio

A parlamentaria socialista, Beatriz Sestayo, preguntou no Pleno, coa presenza da plantilla no hemiciclo, sobre o compromiso do Conselleiro de Industria, Javier Guerra, de apoio á Sociedade Anónima Laboral (SAL) que están a constituír os traballadores da empresa Privilege de Narón.

A deputada socialista sospeita sobre o grao de compromiso do titular de Industria, logo de que, o seu subordinado, o director do IGAPE afirmara a esta parlamentaria que o instituto non estaba disposto a apoiar “aventuras”.

Sestayo Doce recordou ao conselleiro que fora el mesmo o que propuxera aos traballadores desta empresa, cuxo expediente de regulación finalizou o pasado día 21, que conformaran esta SAL. Afirma ademais que se cumpren os requisitos daquela esixidos, “liderado, compromiso e un número limitado de traballadores interesados”.

Sen embargo, Guerra vinculou o seu compromiso a coñecer a viabilidade dun plan de empresa que afirmou estar a preparar cos traballadores. A deputada socialista esixiu na quenda de réplica este compromiso coa “xenerosidade e a coraxe destes traballadores” de Privilege.

Aínda que non quixo entrar nun debate político Sestayo considerou que de prevalecer a opinión manifestada polo director do IGAPE, o conselleiro debera tomar as medidas pertinentes ou asumir a responsabilidade de ter sido desacreditado e dimitir.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar