Inseguridade xurídica nas avaliacións de acceso á Universidade

Inseguridade xurídica nas avaliacións de acceso á Universidade

Inseguridade xurídica nas avaliacións de acceso á Universidade

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, levou hoxe ao Pleno do Parlamento a investigación aberta pola Valedora do Pobo sobre a aplicación da Lei de Educación. Sinalou que a aplicación por parte da Xunta da norma no tocante ás avaliacións de acceso á Universidade en Secundaria provoca inseguridade xurídica nos estudantes galegos.

O parlamentario socialista responsabilizou aos gobernos do PP no Estado e en Galicia do “pufo” que supón esta “Lei innecesaria, que provoca unha cantidade de improvisación sen precedentes na historia educativa”. Esta situación mesmo provocou a investigación de oficio por parte da Valedora fronte á inseguridade xurídica que provoca unha Resolución da Dirección Xeral de Educación para as ditas avaliacións.

Álvarez explicou que a dita norma, que permaneceu conxelada durante máis de un mes dende a súa aprobación, o 21 de febreiro, ata a publicación no DOG o 23 de marzo, provoca “incertidume” e inseguridade nos alumnos galegos.

Sinalou que en base ao dito texto “a día de hoxe aínda hai profesores e profesoras que non son quén de explicar con claridade” os parámetros de ponderación das materias avaliables ás que se pode presentar o alumnado de forma voluntaria para mellorar nota. Sinala que “cunha escasa marxe de dous meses estas ponderacións están aínda pendentes de aprobación polos respectivos consellos de goberno do SUG”.

Ademais, dixo, os alumnos que fixeron en Galicia só o segundo curso de Bacharelato están obrigados a examinarse de Lingua e Literatura Galegas, logo de cambiar o criterio vixente ata o curso pasado. Lembra que “hai estudantes que saíron a facer o primeiro curso cun criterio e volven a facer o segundo con outro distinto”.

Finalmente, sinalou o caso do alumnado que repetiu o segundo curso matriculado soamente das materias que non superou, e outro grupo de persoas que remataron o Bacharelato pero non se presentaron ou non superaron a selectividade.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar