Inoperancia da Xunta na concesión do carné de manipulador de praguicidas.

Inoperancia da Xunta na concesión do carné de manipulador de praguicidas.

viñedoO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, presentou hoxe unha pregunta oral na Comisión de Agricultura na que denunciou a “inoperancia” da Xunta á hora de desbloquear as concesións de carnés para manipular praguicidas. García acusou ademais ao goberno galego de agochar os prezos e os contratos homologados asinados cos produtores de uva nas D.O. Rías Baixas e Ribeiro.

O responsable socialista presentou unha pregunta oral na Comisión de Agricultura na que criticou o desinterese do goberno galego á hora de habilitar a concesión de carné de manipulador de produtos praguicidas obrigado pola UE. A actitude do goberno, que “unha vez máis chega tarde á resolución dos problemas”, obriga aos profesionais a dirixirse a comunidades autónomas limítrofes para adquirir esta autorización.

Lembra que o goberno galego veu vetando de forma sucesiva tódalas iniciativas socialistas para permitir a formación necesaria para acadar o carné de aplicador – manipulador de produtos fitosanitarios, obstaculizando irracionalmente a obtención deste título. Considera “inexplicable” que a Xunta “non establecera unha oferta formativa axeitada nin desenvolvera ningún plan especial para facilitar” os carnés.

O deputado socialista lembra que, de acordo co decreto de uso sostible de produtos fitosanitarios, que traspón a Directiva comunitaria sobre o uso sostible de praguicidas, dende o pasado 25 de novembro só se poderán vender estes produtos para uso profesional a quen teña o carné de aplicador – manipulador.

Unha normativa que en teoría só afecta aos profesionais, en realidade inclúe unha lista de compostos tan ampla que “fai que na práctica sexa imposible adquirir ningún produto sen carné”. Ante a falla de resposta da Xunta de Galicia, “hai peregrinacións en bus cara outras comunidades limítrofes programadas de moitos/as agricultores/as que precisan con urxencia dito carné”.

Ribeiro e Rías Baixas

Pablo García acusou ademais ao goberno galego de agochar os datos sobre o número de contratos homologados e o prezo pagado pola uva nas denominacións de orixe de Ribeiro, Valdeorras, Monterrei, Ribeira Sacra e Rías Baixas entre 2013 e 2015. Criticou que o goberno galego “teña comparecido para ofrecernos datos ata da pluviometría pero esquecera ofrecer os prezos pagados aos produtores galegos”.

O responsable socialista reclamou ademais tódolos datos “para poder facer un balance realista dos efectos que tivo a figura do contrato homologado de compravenda de uva” que só ten sido regulada na de Rías Baixas e a de Ribeiro.

Acusou á Xunta de agochar deliberadamente os datos oficiais para amparar as actuacións de denominacións como a do Ribeiro, que en tres anos non asinou un só contrato, ou mesmo dos retrasos de ata tres anos nos pagos aos produtores. Dixo que o goberno galego “en realidade o que está é executando unha folla de ruta preparada para converter ás adegas en propietarias exclusivas da uva”.

Propuxo así que a Xunta condicione as axudas públicas concedidas ás adegas no cumprimento de condicións en respaldo dos produtores, o eslabón máis débil da cadea, como un prezo mínimo ou a sinatura de contratos homologados. Sen embargo, lembrou, o goberno galego está a conceder axudas aos viticultores para exportación “sen esixirlles contrato nin o pago en tempo e forma”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar