Inmoral e inhumano capitalismo de amiguetes do PP co Hospital de Vigo

Inmoral e inhumano capitalismo de amiguetes do PP co Hospital de Vigo

Inmoral e inhumano capitalismo de amiguetes do PP co Hospital de Vigo

Manifestación Hospital VigoOs socialistas galegos cualificaron hoxe de “inmoral e inhumano o capitalismo de amiguetes do Partido Popular aplicado á sanidade, o negocio privado meteu o bocado no hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo”.

En resposta á comparecencia da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, para falar do novo hospital, o deputado socialista Abel Losada díxolle que “vostede mentiu cando negou o caso de aspergillus, hoxe soubémolo e esiximos garantías de seguridade no traslado”. Esixiulle á conselleira que explique por qué o xerente hoxe afirma que si había o fungo no hospital de Vigo.

“O hospital estrela de Feijóo non é mais que un activo no balance contable dunha empresa privada, pero o vicepresidente da Xunta prefire chamar ‘carroñeros’ aos 200.000 vigueses que protestaron na rúa polas deficiencias do centro e volverano a facer”, afirmou.

“Detrás da propaganda e o negocio hai un cambio no modelo de financiamento, a Xunta avalou un crédito a unha empresa privada cunha taxa de crecemento anual do 10% nos seus beneficios”, apuntou Losada, que lamentou “os emails ameazadores do equipo técnico do hospital aos profesionais”. Cualificou de “obsceno” e “depredatorio” o marxe de beneficios “a conta da saúde dos cidadáns de Vigo”.

O representante do PSdeG censurou “os recortes asistenciais, no número de camas, nos servizos da UVI e a ausencia dun laboratorio central, que está a once quilómetros do centro sanitario” cunha privatización na que “perden os cidadáns, pero gañan as empresas amigas do PP”.

O deputado vigués considera tamén “inaudito que o seguimento das obras se adxudicara a unha sociedade unipersoal dunha persoa vinculada ao PP de Madrid”, en alusión á empresa de Ana Sánchez, ex-viceconselleira de Asistencia Sanitaria do Goberno de Esperanza Aguirre.

Acusou ao goberno galego de “actuar de maneira vergoñenta como axentes comerciais de Acciona”, ao buscarlles financiamento do BEI “cando o que tiñan que facer é cobrarlles polo retraso, e non poñer en marcha o traslado de maneira precipitada porque queren comezar a cobrar o canon canto antes”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar