Iniciativas contra a violencia de xénero en tódolos concellos galegos

Iniciativas contra a violencia de xénero en tódolos concellos galegos

Iniciativas contra a violencia de xénero en tódolos concellos galegos

Con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25N, o PSdeG amosa o seu compromiso e prioridade nesta cuestión e presentará a nivel local mocións contra a violencia que se exerce cara as mulleres. Os/as socialistas consideramos que para contribuír a erradicar a violencia de xénero precísanse medidas políticas e institucionais que aborden o problema de maneira integral para erradicalo e sexan capaces de dar resposta ás necesidades específicas das mulleres vítimas e ás das súas fillas e fillos.

O PSdeG sostén que a loita contra a violencia de xénero ten que ser un compromiso activo día a día, porque para erradicar a violencia requírese o compromiso individual e colectivo durante todos os días do ano, por este motivo desexamos que todos os partidos políticos apoien esta iniciativa local.

Os/as socialistas/as solicitamos ao Goberno de España o cumprimento do compromiso económico acordado no Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, ao obxecto de destinar vía transferencia aos Concellos, un incremento anual de 20 millóns de euros durante os próximos 5 exercicios.

Ao longo deste mes os portavoces do PSdeG nos concellos presentan mocións para solicitarlle ao Estado ese compromiso económico e a devolución de competencias ás entidades locais, posto que consideramos fundamental a función que deben realizar os concellos na prevención e atención ás vítimas de violencia de xénero e por elo, entendemos necesario dotar de novo aos concellos de competencias e partidas económicas axeitadas.

“As administracións locais son tamén unha peza importante para loitar contra a lacra da violencia de xénero. Os concellos deben ter todos os instrumentos necesarios para traballar na prevención así como na atención a través de información, asesoramento, protección, apoio e acompañamento ás mulleres vítimas e ás súas fillas e fillos”, afirma Icía García, Vicesecretaria Xeral de Igualdade do PSdeG.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar