Iniciativa conxunta contra o trato aberrante aos refuxiados sirios

Iniciativa conxunta contra o trato aberrante aos refuxiados sirios

Iniciativa conxunta contra o trato aberrante aos refuxiados sirios

A viceportavoz do Grupo Socialista, Carmen Gallego, cualificou hoxe de “aberración” o trato aos refuxiados sirios por parte da UE. A responsable socialista explicou a iniciativa conxunta de PSdeG, BNG, AGE e Grupo Mixto para celebrar unha sesión monográfica sobre a crise dos refuxiados na Comisión de Asuntos Europeos.

Os socialistas galegos apostaron por acadar unha “posición unánime contraria ao que queren acordar os xefes de Estado” no cumio convocado para esta semana, demostrando unha “actitude absolutamente intolerable”.

Explicou que esta iniciativa preséntase en paralelo á iniciativa dos grupos do Congreso que están acadando un “posicionamento conxunto esixíndolle explicacións ao goberno e lembrándolle que non poden ir a Europa sen ter en conta á maioría dos representantes do pobo”.

Refuxiados

Gallego instou ao goberno galego a “falar co goberno de España e diante das institucións comunitarias coa voz do pobo expresada polos seus representantes no Parlamento de Galicia e parar a aberración que se vai cometer”. A deputada socialista criticou o trato a estas persoas “como refuxiadas que son –puntualizou- que están fuxindo dunha guerra, e non como parias expulsándoos a unha morte máis que segura”.

A deputada socialista reclamoulle á Xunta que escoite ao Parlamento como “a voz de Galicia” e dixo que “a cidadanía galega, coma nós, repudia a actitude das autoridades” comunitarias fronte a esta crise.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar