"Infotoxicación" na información da CRTVG sobre a comparecencia de Rajoy na Audiencia Nacional

"Infotoxicación" na información da CRTVG sobre a comparecencia de Rajoy na Audiencia Nacional

“Infotoxicación” na información da CRTVG sobre a comparecencia de Rajoy na Audiencia Nacional

A deputada socialista Noela Blanco denunciou hoxe prácticas de “infotoxicación” na CRTVG, que “demostra que quen move os fíos é a Secretaría Xeral de Medios da Xunta. Cualificou de “vergoñento, desafortunado, tendencioso e un caso clarísimo de manipulación” o tratamento informativo da comparecencia de Rajoy no Caso Gürtel”.

Acusou ao responsable do ente público de actuar “a modo títere” do goberno galego cando “é certo que aquel día houbo cantidade de información, pero o que non houbo foi calidade”. Criticou neste sentido prácticas de “sobreinformación” e de “intoxicación informativa, ou infotoxicación” nos medios públicos para “cubrir un feito vergoñento e poñer os medios públicos ao servizo de Feijóo”.

Blanco puxo como exemplo desta “manipulación informativa” que “mesmo o pasado 6 de setembro a CRTVG fora o único medio que non reflectira que fora detido un yihadista que tamén era militante do PP”. Preguntou irónicamente “qué tería sucedido se fora detido un militante socialista, ou da Marea ou do BNG por yihadista, pregúntome se o ente tería os mesmos escrúpulos”.

Todo vale

A responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión para criticar que “todo vale” para dar un “golpe público preventivo” ao abrir os informativos da Radio Galega da comparecencia de Rajoy sinalando que “non é a primeira vez que un presidente ten que acudir a un tribunal”. Lamentou que o máis importante da comparecencia de Rajoy nos tribunais para a Radio Galega fora poñer a voz de Felipe González de hai 20 anos.

Lamentou que a CRTVG obviara a propósito que era a primeira vez que tiña que comparecer un presidente en exercicio, e que tódolos seus esforzos se dirixiran a “tapar a relación da Gürtel co PPdeG”, evitando mencionar a Pablo Crespo. A CRTVG “preferiu obviar” as alusións ao ex secretario de Organización galego, algo que “nin sequera fixo TVE, que preferiu poñer un programa de cociña antes que a comparecencia de Rajoy”.

Linguaxe de signos

Noela Blanco presentou ademais unha pregunta oral para reclamar un “maior esforzo” na CRTVG para estender a linguaxe de signos a tódolos informativos que se emiten na grella da TVG. Neste momento, dixo, tan só ten este servizo o Telexornal, ofrecendo “menos dunha hora diaria de linguaxe de signos”, o que considerou “absolutamente insuficiente”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar