Inexplicable veto do PP a concederlle catro Permex a catro vítimas de violencia de xénero de Noia

Inexplicable veto do PP a concederlle catro Permex a catro vítimas de violencia de xénero de Noia

Inexplicable veto do PP a concederlle catro Permex a catro vítimas de violencia de xénero de Noia

Marisqueo a péO portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, criticou a “insensibilidade” do PP ao vetar unha proposta socialista, na Comisión de Pesca celebrada hoxe, para resolver a situación de catro mulleres vítimas de violencia de xénero de Noia ás que lles foi denegado o Permex. O responsable socialista considera “frívolo e mezquino” que o PP se teña negado a pedirlle ao goberno que atenda á demanda destas mulleres e o xustifique descargando a responsabilidade ou ben no Concello ou ben na propia confraría. Val lamentou que “queiran discutir de quén foi a culpa cando se trata dunha iniciativa que non vai contra ninguén, senón que o único que queremos é buscarlle unha solución” a estas mulleres. Val propuña concederlle un permiso de explotación ás mulleres afectadas por esta situación e a modificación da Orde que regula o permiso de marisqueo a pé para engadir a reserva de prazas para as mulleres vítimas de violencia de xénero. Val explicou que na actualidade hai unha reserva do 10 por cento para mozas e persoas en risco de exclusión e, explicou, “as vítimas non teñen por qué ser nin mozas nin estar en risco de exclusión”. O deputado socialista sinala que o propio goberno galego “recoñece un erro e lles recomenda acudir ao Contencioso – Administrativo”, si ben “ningunha delas pode afrontar o proceso polos custos económicos que pode implicar”. Acusou ao PP de “dicir unha cousa e

facer a contraria”, logo de vetar esta proposta logo de “vender unha xestión sensible coas vítimas da violencia de xénero”, para a continuación acusar aos servizos sociais do Concello. Replicou que “non vamos entrar en quén ten a responsabilidade, pero estas mulleres foron avisadas da convocatoria dos Permex polos servizos sociais do Concello, e por iso presentaron toda a documentación, malia o que as súas peticións foron desbotadas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar