Inexplicable retroceso para a enfermería

Inexplicable retroceso para a enfermería

Inexplicable retroceso para a enfermería

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe o “inexplicable” retroceso que supón o Real Decreto de Prescrición de Enfermería, que “vai en contra da especialización da enfermería”. Así o dixo no debate dunha moción para reclamar a paralización desta norma e a súa denuncia fronte ao Tribunal Constitucional, que foi vetada polo PP.

Lembrou o compromiso de derrogación da norma asumido por parte do propio Pedro Sánchez, xa que resulta “de imposible cumprimento” ao entrar en conflito coa actividade asistencial propia de enfermeiros e enfermeiras, que ven cómo a súa actividade sitúase na ilegalidade. Sinalou que os “practicantes” dos anos 70 “eran máis autónomos” xa que con esta norma “non poden recomendar un Frenadol que si pode recomendar a televisión”.

Acuña explicou que a nova norma obriga a estes profesionais a dispor dunha acreditación especial para prescribir medicamentos e produtos sanitarios que non precisen prescrición médica. A regulación anula tódalas guías e protocolos previos, anula os seguros de responsabilidade civil e pon a toda a enfermería “contra as cordas”.

Os socialistas galegos reclamaron a paralización e derrogación desta norma, así como un recurso ante o Tribunal Constitucional por invadir competencias autonómicas, ademais de retomar as conversas cos representantes da profesión para modificar a redacción da norma e a convocatoria urxente dun Consello Interterritorial onde se analicen as consecuencias da implantación do Real Decreto.

Acuña mesmo propuxo a votación separada dos epígrafes da moción que reclamaban unhas instrucións “claras, responsables e comprometidas” sobre os criterios de aplicación do decreto e que a Xunta asumira a responsabilidade dos profesionais en relación coa aplicación do real decreto.

Tamén reclamaba a votación separada dunha proposta para revisión do Seguro de Responsabilidade Civil da Administración Sanitaria para incluír as responsabilidades do persoal de enfermaría na aplicación deste real decreto. As dúas propostas foron rexeitadas tamén polo PP.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar