Inexistente política sanitaria en materia de Saúde Mental

Inexistente política sanitaria en materia de Saúde Mental

Inexistente política sanitaria en materia de Saúde Mental

DependenciaA

portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe a “inexistente política sanitaria en materia de saúde mental” do Goberno galego. A deputada socialista presentou unha proposición non de Lei na Comisión de Sanidade celebrada hoxe na que deu a voz de alarma polo alarmante incremento na taxa de suicidios rexistrada en Galicia, que foi rexeitado polo PP. Acuña propuxo a recuperación do Plan Estratéxico de Saúde Mental dotado do orzamento adecuado e un primeiro paso na loita contra o aumento dos suicidios, que coincide coa maior incidencia da crise económica, incrementando os recursos dispoñibles tanto humanos como de camas dispoñibles. E se preguntaba polo papel q o goberno Feijóo lle quere dar aos psicólogos clínicos que traballan na sanidade pública. Reclamou que “poñan algún protocolo en marcha ou fagan algo” para axudar aos galegos e galegas mais vulnerables, e que hoxe ca crise e os recortes están “moi preocupados e mesmo desesperados”. Esta situación “tradúcese en consultas por tristeza, depresión, angustia ou ansiedade nas consultas de atención primaria”. A continuación, engadiu, “dispárase o consumo de ansiolíticos e medicamentos que receitamos na atención primaria para paliar a situación, porque os médicos non podemos cambiar o contexto económico”. A responsable socialista propuxo tamén unha auditoría “para valorar a dotación de persoas expertas en psicoloxía clínica nos centros sanitarios do Sergas e as funcións que están a realizar”, ademais de xeneralizar o programa de prevención de suicidios encetado no Hospital de Ourense iniciado polo goberno de Touriño seguindo as recomendacións da OMS. Sinalou que, de acordo cos datos do Movemento Galego de Saúde Mental, os suicidios aumentaron en Galicia un 41 por cento entre 2010 e 2014, dende 275 a 390 neste último ano, mais de un por cada día, e situando a taxa en 14 por cada 100.000 habitantes, por enriba da media estatal. Por iso considera imprescindible que a administración sanitaria escoite e teña en conta as recomendacións que os profesionais acordaron na xornada celebrada en Compostela sobre prevención de suicidio.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar