Indolencia e soberbia de Xunta e PP fronte á violencia machista

Indolencia e soberbia de Xunta e PP fronte á violencia machista

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe a “indolencia e soberbia” amosada polo PP e o goberno galego diante do “terrorismo machista” que leva máis de 800 vítimas dende 2003 e “10 ou 11” dende o comezo do ano. Acuña censurou que o PP se amose “pouco cómodo” coas políticas de prevención da violencia de xénero “pois son moi machistas”.

Acuña presentou unha proposta para ampliar a Lei Integral contra a violencia de xénero e incrementar os recursos e servizos para combater e prever esta lacra, que tódolos grupos se comprometeron a apoiar nas votacións que terán lugar mañá mércores. A deputada socialista sinalou que “hai que cumprir o que se vota nesta Cámara” e puxo en cuestión a intención do PP de apoiar estas propostas “porque saben que non van gobernar”.

A deputada socialista trasladou as demandas do Consello de Europa e da Convención sobre a eliminación de tódalas formas de discriminación contra a muller –Cedaw-. Sinalou que os reparos destas institucións contra as medidas contra a violencia de xénero radican nos “recortes e retroceso sen precedentes en igualdade” adoptados polos gobernos do PP ao acubillo da crise económica.

Advertiu da “media macabra” de unha muller asasinada cada dous días, o que “no caso de ser vítimas dun virus ou terrorismo xa terían convocado un gabinete de crise e toda Europa estaría en estado de alarma”.

Carmen Acuña acusou ao goberno galego de adoptar unha actitude “intolerable e indignante actitude machista e caciquil” fronte a casos como o do presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, denunciado por presuntamente ofrecer traballo a cambio de sexo, e da resposta de Feijóo, atacando á vítima.

A deputada socialista reclamou “redobrar o compromiso coas vítimas e tolerancia cero contra os maltratadores, e concienciar á sociedade galega contra o machismo”, mentres responsabilizou a Feijóo de desamparar a atender as demandas de emprego das 4 mariscadoras de Noia vítimas de violencia de xénero ás que lles negaron a reserva de praza no reparto dos Permex.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar