Indolencia da Xunta con Pemex cando leva os seus compromisos en Galicia ao pozo

Indolencia da Xunta con Pemex cando leva os seus compromisos en Galicia ao pozo

Indolencia da Xunta con Pemex cando leva os seus compromisos en Galicia ao pozo

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe a indolencia amosada pola Xunta con Pemex mentres a empresa sitúa os seus compromisos con Galicia “no pozo”. Losada presentou unha pregunta en Comisión parlamentaria fronte á cancelación de pedidos da petroleira mexicana, cunhas perdas estimadas de 26.760 millóns.

Losada sinalou que Pemex ten posto á venda os dous floteis que están construíndo os estaleiros galegos, os únicos finalmente materializados dos 21 barcos e a base loxística de Punta Langosteira que comprometeran nunha sinatura emitida en directo co presidente da Xunta. Advertiu que o importante proceso desinvestidor iniciado pola empresa sitúa os 16 buques pendentes e a base loxística “a beneficio de inventario”.

O deputado socialista alertou do significativo cambio de ton nas intervencións do responsable de Industria do goberno galego. Este pasou de anunciar unha “resposta contundente” fronte á empresa no caso de incumprir os seus compromisos a, máis recentemente, amosar “a esperanza de que a posición de Pemex en Galicia non se vexa afectada” logo de confirmar a paralización do terceiro flotel comprometido.

Abel Losada advertiu que esta “baixada de ton” foi especialmente evidente logo das datas electorais e logo de confirmar que o seu investimento en Galicia resultaba un “negocio satisfactorio” para a empresa, que cun investimento inicial de 5,1 millóns de euros, obtivo en dous anos un beneficio de 4 millóns.

Abel Losada alerta de que a Xunta “suaviza” as esixencias mentres a petroleira pon os floteis “en venda” polas perdas económicas

psdeg

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar