Indignas e vergoñentas acusacións do PP logo da denuncia da Fiscalía polo trato a doentes de hepatite C

Indignas e vergoñentas acusacións do PP logo da denuncia da Fiscalía polo trato a doentes de hepatite C

Indignas e vergoñentas acusacións do PP logo da denuncia da Fiscalía polo trato a doentes de hepatite C

O deputado socialista Raúl Fernández cualificou hoxe de “indignas” e “vergoñentas” as declaracións do deputado e portavoz do PP, Miguel Tellado, sobre un suposto uso político da denuncia da Fiscalía contra o Sergas por retrasar deliberadamente o tratamento a varios enfermos de hepatite C, que finalmente faleceron.

O deputado socialista recomendoulle ao responsable do PP que “lea detidamente o informe da Fiscalía” sobre este caso para “cambiar a súa actitude e mesmo poñerse vermello de vergoña polo que dixo no día de onte”.

Fernández lembrou que os socialistas galegos levan presentado máis de 20 iniciativas parlamentarias de impulso e de control, con interpelacións directas ao presidente da Xunta sobre o trato ofrecido aos enfermos de hepatite C, “nas que advertimos que tiveran moito coidado, que isto podía pasar, e o PP e o Goberno galego o sabían”.

O deputado socialista subliñou que “lamentablemente, finalmente pasou e no PP non son quén de asumir agora ningunha responsabilidade”, e presentan ao seu portavoz, “a quen todos coñecemos non pola prudencia e mesura das que carece no fondo e na forma”, senón que “distínguese máis ben polos seus exabruptos e bravuconadas”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar