Incumprimento de contratos nas concesionarias da CdC

Incumprimento de contratos nas concesionarias da CdC

cidade_da_culturaO portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Emilio Vázquez, advertiu hoxe do “incumprimento flagrante” das condicións na concesión do servizo de información e atención ao público na Cidade da Cultura de Galicia. O responsable socialista levou á Comisión de Cultura unha pregunta sobre as eivas na fiscalización do servizo por parte da Fundación e do Goberno galego.

Vázquez advertiu que a empresa beneficiaria do contrato incumpre varios dos requisitos especificados nos pregos de contratación, como son o situar o seu logo propio nos uniformes do persoal que presta o servizo cando está expresamente prohibido, tal e como se especifica no prego. Este persoal, dixo, está ademais contratado cunha categoría inferior á esixida nos pregos, incumprindo tamén outro punto dos mesmos.

Ademais, engadiu, aínda está sen nomear ao coordinador responsable do persoal, que debera asumir a interlocución entre a empresa e a Fundación, xa que do contrario os traballadores “poderían solicitar incorporarse como persoal laboral por recibir ordes directas da CdC”.

Emilio Vázquez lembrou que a empresa concesionaria, a malagueña Brócoli, acadou a terceira posición no concurso e accedeu logo da renuncia das dúas primeiras. Ademais, trátase dunha entidade ata o momento encargouse de limpeza, desratización e mantemento de piscinas, e de feito gañou un concurso para a limpeza na propia Cidade da Cultura, pero carece de experiencia previa na xestión cultural.

Sinalou que esta empresa chegou á Cidade da Cultura logo de que a anterior adxudicataria, a empresa Eulen, despedira aos encargados de información e atención ao público dous días antes de que se cumpriran os seis meses que obrigarían a subrogar ao persoal, e dous días antes do remate dunha exposición –“O Camiño: A Orixe”- que tivo que ser clausurada polo propio persoal da Fundación.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar