Incumprimento da Lei LGTBI

Incumprimento da Lei LGTBI

Incumprimento da Lei LGTBI

O Grupo Socialista levará ao Pleno do Parlamento unha interpelación para analizar o incumprimento da Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación LGTBI por parte do goberno galego. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, mantivo a semana pasada un encontro cos representantes das organizacións LGTBI de Galicia para analizar a súa situación, no que tamén participou o responsable do colectivo socialista Sete Cores, Fito Ferreiro.

Gallego anunciou a decisión dos socialistas galegos de levar esta iniciativa ao próximo Pleno do Parlamento diante das “claras evidencias” do desleixo demostrado polo goberno galego de cara ao cumprimento desta norma. A deputada socialista abordou xunto coas persoas integrantes destes colectivos a necesidade de modificar a Lei para introducir un procedemento sancionador.

Esta medida foi vetada polo PP no debate para a elaboración da norma, pero, lembrou, foi retomado pola propia Valedora do Pobo, que recoñeceu que se trata dunha medida “necesaria para que a súa actuación como comisionada para o cumprimento da Lei sexa máis eficaz”.

No encontro celebrado esta semana foron analizadas “as prioridades máis urxentes para as persoas LGTBI, como son a posta en marcha dun protocolo dirixido ao ensino e a sanidade, así como unha correcta identificación da identidade de persoas trans”.

Sinalou que “esta mesma semana coñecemos a sentenza do Tribunal Supremo pola cal se cuestiona que as persoas trans teñan que agardar ata a maioría de idade para cambiar a súa identidade no Rexistro Civil”. Considera esta decisión “unha magnífica noticia”, xa que “entendemos que deben ter o dereito de cambiar os documentos de identidade no momento en que fan o tránsito social”.

Sinalou que “as institucións deben axudar e non entorpecer o dereito daquelas persoas que queiran cambiar a súa identidade, que deben poder facelo no momento en que fan o tránsito social, independentemente de que teñan maioría de idade ou non ou que pasara o tempo que pasara dende que descubriron a súa condición”.

Reclamou un documento transitorio, tal e como existe no País Vasco, para “evitar situacións de discriminación tan absurdas como as que se detectan a cotío e xeran malestar e problemas de discriminación, como que non lles permitan pagar con tarxeta porque a imaxe do DNI non se corresponde coa súa aparencia física, ou que nos vestiarios de ximnasia as rapazas trans non poidan ir ao feminino pola súa condición fisiolóxica”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar