Incremento das prestacións da Xunta para as quendas de oficio

Incremento das prestacións da Xunta para as quendas de oficio

Incremento das prestacións da Xunta para as quendas de oficio

O portavoz do Grupo Socialista e a portavoz de Xustiza, Xoaquín Fernández Leiceaga e Patricia Vilán, respectivamente, mantiveron hoxe un encontro co presidente do Consello da Avogacía de Galicia, Evaristo Nogueira, para acordar unha emenda aos Orzamentos da Xunta reclamando o incremento das prestacións da Xunta aos colexios de avogados.

Os socialistas galegos lembran que actualmente os colexios de avogados perciben da Xunta o 8 por cento do custe da asistencia letrada gratuíta polas quendas de oficio, polo que reclaman aumentar a prestación ata o 10 por cento, o que suporía 200.000 euros anuais a distribuír entre tódolos colexios de Galicia.

Os representantes do Grupo Socialista abordaron tamén a situación actual da prestación da xustiza gratuíta en Galicia, que require da actualización dos baremos polos que a administración autonómica paga por este servizo, e que está sen actualizar dende 2004.

Tamén abordaron a escaseza da planta xudicial de Galicia, que malia os anuncios de reforzos puntuais do goberno galego aínda necesita novos maxistrados nas salas da Audiencia de Lugo e de Pontevedra en Vigo, ademais de tres novos xulgados do Social para Santiago, Vigo e Lugo e outro de Primeira Instancia para A Coruña. Ademais, reclaman un reforzo xeneralizado nos xulgados específicos que tratan os casos de Violencia de Xénero en Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar