Incremento das aportacións estatais á Dependencia

Incremento das aportacións estatais á Dependencia

Incremento das aportacións estatais á Dependencia

A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Noela Blanco, reclamoulle hoxe á Xunta que lle reivindique ao Goberno central o aumento das súas aportacións á aplicación da Lei da Dependencia. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que acusou ao goberno de responder ás restricións “implantando copagos e reducindo as prestacións”.

A responsable socialista advertiu ademais “unha seria contradición” entre o goberno galego, que “anuncia que vai pedir o financiamento da Dependencia ao 50 po cento entre das dúas administracións” e o secretario de Estado de Servizos Sociais, quen afirma que o estado “xa aporta” a metade da Dependencia.

Blanco sinalou que “ou se trata dunha clara desautorización do Goberno de Rajoy a Feijóo, ou a Xunta de Galicia é plenamente consciente desta situación e o que está facendo é tomarnos o pelo dicindo que vai reclamar o incremento deste financiamento”.

Reavaliacións

A responsable socialista alertou da situación “dramática” de un de cada catro dependentes que teñen recoñecida a prestación pero non a reciben por mor das restricións impostas polos gobernos central e autonómico. Ademais, obrigan aos dependentes a asumir, a través de copagos, o 18 por cento dos custes dun servizo polo que a Xunta aporta o 61 por cento e o Estado o 21.

Considera “lamentable” que o goberno galego responda ás restricións orzamentarias –o Estado deixou sen aportar máis de 200 millóns de euros dende 2011-, facendo reavaliacións das persoas que teñen recoñecido o dereito co único obxecto de reducir as aportacións. Así, “estamos a ver cómo persoas maiores están a pasar de ter asignacións de 300 euros a tan só 50”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar