Incomprensible veto do PP á regularización dos tractores anteriores a 2001 que non poden pasar a ITV

Incomprensible veto do PP á regularización dos tractores anteriores a 2001 que non poden pasar a ITV

Incomprensible veto do PP á regularización dos tractores anteriores a 2001 que non poden pasar a ITV

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, criticou hoxe o “incomprensible bloqueo” do PP a unha proposición non de Lei do PSdeG para facilitar a regularización dos tractores anteriores a 2001. Un gran número destes vehículos, explicou, non poden pasar a ITV en Galicia dende 2010 polos novos requisitos aplicados por Real Decreto.

Explicou que, malia ter as medidas de seguridade homologadas para evitar o borcado, estes vehículos “teñen imposible legalizar a súa situación” se dispoñen de estrutura de recubrimento da cabina anterior ao ano 2001, cando se xeneralizaron os revestimentos específicos que impiden a entrada de obxectos, FOPS/OPS.

Advertiu que o goberno galego está abocando a estes agricultores e gandeiros a desmontar a cabina antes da ITV e volver montala despois, algo inasumible, a deixar un mínimo de 300 euros viaxando a Castela e León ou Asturias, onde si que poden pasar a ITV ou a circular en situación irregular.

Instrucción administrativa

Esta situación foi resolta nas ditas comunidades autónomas a través dunha Instrución publicada polos seus respectivos gobernos para determinar os criterios de inspección e regularización das estruturas de protección e os seus revestimentos en tractores agrícolas.

Considera “incomprensible” que o goberno galego se negue a emitir unha instrución semellante que “non ten custe algún e permitiría resolver a situación de centos de vehículos que se atopan nunha situación imposible”.

Os socialistas galegos instaban hoxe á Xunta a lexislar dentro das súas competencias de cara á concesionaria de ITV en Galicia para resolver a situación destes agricultores e gandeiros e “favorecer, dentro da legalidade vixente e preservando por enriba de todo as esixencias de seguridade, que estes vehículos poidan, facendo as adaptacións precisas, pasar a ITV”.

Finalmente, reclámalle ao goberno galego que se dirixa ao Ministerio de Industria para trasladarlle a problemática que supón a disparidade de criterios entre as distintas comunidades autónomas para harmonizar a dita lexislación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar