Incomprensible redución dos orzamentos para seguridade marítima a unha terceira parte

Incomprensible redución dos orzamentos para seguridade marítima a unha terceira parte

Incomprensible redución dos orzamentos para seguridade marítima a unha terceira parte

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Loli Toja, sinalou hoxe que “non se entende” que a Xunta decidira reducir os investimentos en seguridade no mar a unha terceira parte nos orzamentos de 2018. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta un programa de mellora da seguridade a bordo, que “incomprensiblemente” foi vetado polo PP.

A responsable socialista criticou que a Consellería do Mar decidira reducir a 335.000 euros os orzamentos para saúde e seguridade dende os 900.000 cos que contaba o ano pasado, mentres na partida de Investimentos a bordo pasa de 1,3 millóns de euros en 2017 a apenas 248.000 nos Orzamentos de 2018.

Toja sinalou que estes datos, en contra do que dixo o portavoz do PP, evidencian que “non é certo que xa estean traballando na mellora da seguridade marítima”, polo que anunciou emendas aos Orzamentos da Consellería do Mar para recuperar o investimento en seguridade. Instou a tomar medidas urxentes para mellorar a seguridade e, dixo, “vale xa de permanecer sentados en San Caetano agardando que non pase nada”.

A parlamentaria socialista apuntou a medidas de mellora da seguridade, tanto sistemas para manter as embarcacións a flote, como dirixidas á localización posterior aos sinistros. Apuntou ademais a mellorar a póliza colectiva de seguros de mal tempo e de accidentes no mar que, “ben utilizada podería ser unha ferramenta indispensable para o sector”, loitando contra a precarización das condicións de traballo.

Sinalou que as costas galegas rexistraron preto de cen sinistros mariños no que vai de século XXI, fronte a un goberno que asume compromisos que “son meras declaracións de intencións”. Así o evidencia, sinala, que o Plan Estratéxico da Consellería para 2015-20 “non inclúe un só indicador que fale de investimentos en seguridade”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar