"Incompetencia manifesta" do PP para abordar delictos medioambientais

"Incompetencia manifesta" do PP para abordar delictos medioambientais

“Incompetencia manifesta” do PP para abordar delictos medioambientais

A portavoz de Xustiza e Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, acusou hoxe ao PP de ser “incompetentes para xestionar hoxe o país e no seu momento a catástrofe do Prestige”. Así o dixo logo de que o PP alegara “carecer de competencias” como argumento para vetar unha proposición de Lei socialista que buscaba dotar de competencias ao Ministerio Fiscal para reclamar indemnizacións por dano medioambiental.

A responsable socialista reclamou “a reforma da normativa procesual e sustantiva ambiental, que permita arbitrar novos sistemas de responsabilidade que preveñan eficazmente os danos medioambientais e, para os casos nos que estes se cheguen a producir, aseguren unha rápida e axeitada reparación”. En resumo, solicita que a fiscalía poida reclamar responsabilidade civil por danos contra o medio ambiente.

Vilán considerou “vital” unha modificación deste calado por canto, lembrou, logo de 14 anos da catástrofe do Prestige a día de hoxe “aínda non foi establecido nin un euro de indemnización”. Acusou ao PP de vetar esta iniciativa “faltándolle ao respecto a milleiros de voluntarios que viñeron limpar as nosas praias e a milleiros de persoas que reclamaron na rúa unha indemnización xusta”.

Reforma legal

Os socialistas galegos instaban ao Parlamento a que se dirixira á Mesa do Congreso e que esta iniciara a reforma legal que cambie as leis de Axuizamento Civil e de Responsabilidade Ambiental para facer este cambio. Desta forma poderían afrontar casos como a catástrofe do Prestige ou das vagas de lumes que asolan Galicia cada verán, lexitimando á Fiscalía para reclamar indemnizacións e afrontar danos medioambientais.

En concreto, defendeu modificar a Lei de Axuizamento Civil para lexitimar ao Ministerio Fiscal “para exercitar calquera pretensión pública ambiental, en defensa dos intereses difusos relacionados coas catástrofes ambientais”. A Lei de Responsabilidade Ambiental sería cambiada para habilitar ao Fiscal para iniciar procedementos de esixencia de responsabilidade medioambiental.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar