Incompetencia absoluta de Rueda no conflito da Xustiza

Incompetencia absoluta de Rueda no conflito da Xustiza

Incompetencia absoluta de Rueda no conflito da Xustiza

A secretaria de Xustiza do PSdeG, Paloma Castro, criticou hoxe a “absoluta incompetencia demostrada polo conselleiro Rueda” na xestión do conflito laboral da Xustiza. A responsable socialista reclama “explicacións inmediatas” das negociacións cos traballadores e acúsao de utilizar “a estratexia da mentira, aplicando a mesma doutrina que a de Cifuentes”.

A responsable socialista aludiu hoxe ao suposto preacordo que o conselleiro “da por asinado cos sindicatos”, que compara co Máster “pantasma” da presidenta madrileña. Castro apunta que “se ten un preacordo cos sindicatos, que o amose de inmediato, e se non o ten, debe ser cesado polo señor Feijóo por mentir e enganar a tódolos galegos e galegas”.

Paloma Castro reclama a presenza do conselleiro en sede parlamentaria para dar conta da súa xestión desta crise “que lle desborda claramente” e coa que “está condenando a milleiros de galegos e galegas a retrasos de anos na aplicación dun dereito básico como é a xustiza”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar