Incompatibilidade da directora xeral de Inclusión Social da Xunta

Incompatibilidade da directora xeral de Inclusión Social da Xunta

Incompatibilidade da directora xeral de Inclusión Social da Xunta

Marisol SoneiraA responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Marisol Soneira, denunciou hoxe o bloqueo da Dirección Xeral de Inclusión Social polo incumprimento da Lei de Incompatibilidades por parte da súa titular, María de los Ángeles Teijeiro, nomeada o 5 de novembro e aínda hoxe concelleira en Lugo e deputada provincial.

Soneira lembrou que de acordo coa Lei de incompatibilidades de 1996, os altos cargos da Xunta “exercerán as súas funcións con dedicación absoluta e non poderán compatibilizar a súa actividade pública co exercicio de calquera outra función ou actividade pública representativa” (art. 3.1.b). A día de hoxe, dixo, a titular de Inclusión Social “figura no organigrama pero non pode exercer” as súas competencias.

Por este motivo, unha competencia que afecta a un sector “moi sensible” da sociedade e a encargada de xestionar os cheques bebé ou as axudas á exclusión enerxética está paralizada por un nomeamento “contra a lei” e baixo o risco de que calquera decisión que tome sexa “recorrible por ilegal”.

A deputada socialista considera, “ademais dunha ilegalidade, unha frivolidade” que o goberno galego “estea xogando con estas cuestións”. Anunciou que no primeiro Pleno no que sexa posible presentar preguntas ao goberno inquirirá sobre esta cuestión ao conselleiro da Vicepresidencia, “a ver qué nos conta o señor Rueda, tan escrupuloso coa situación dos outros partidos, e por qué considera que el si pode incumprir as leis”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar