Incerteza considerable sobre a plaga da couza guatemalteca

Incerteza considerable sobre a plaga da couza guatemalteca

Incerteza considerable sobre a plaga da couza guatemalteca

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, alertou hoxe da “incerteza considerable” sobre a situación dos concellos afectados pola praga da couza da pataca. O responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión para reclamarlle á Xunta un balance das actuacións levadas a cabo nos concellos afectados.

Pérez Seco sinalou que “é o momento de comezar coa compra da semente para plantala nos primeiros meses do ano que vén, e tanto almacéns como particulares seguen sen saber se será posible a súa plantación ou non”. Reclamoulle ao goberno galego “transparencia” e “instrucións concretas” sobre as actuacións levadas a cabo para a loita contra a polilla guatemalteca.

Lembra que xa teñen pasado dous anos dende a detección desta praga, en 2015, e o goberno galego tomou as primeiras medidas en febreiro de 2017, co que o que comezara afectando a uns poucos concellos esténdese agora a lo menos a 32. Apunta que as medidas do goberno galego comezaron en maio deste ano coa recollida da pataca afectada tan só en 4 concellos.

Tan só 20 días máis tarde, cando a pataca aínda estaba a ser recollida, a conselleira do Medio Rural deu por controlada a praga nos concellos infestados de A Coruña, malia o que un mes despois reuniuse a Comisión de Seguimento desta praga, sen que transcendera ningunha conclusión.

A consecuencia deste balance exitoso do goberno galego, dixo, foi que a Consellería lles remitira aos concellos infestados unha circular declarando 32 concellos infestados, sinalando aqueles considerados “tampón” para evitar a propagación e lembra a prohibición do cultivo nos concellos afectados durante un mínimo de 2 anos.

Os socialistas queren saber cal é a situación actual da praga, e reclámanlle á Xunta que faga público o número de tampas colocadas e as capturas rexistradas nas zonas afectadas, especificadas por concellos e provincias.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar