Incapacidade e insolvencia do conselleiro de Educación, unicamente preocupado por ser cómplice da improvisación do Goberno central

Incapacidade e insolvencia do conselleiro de Educación, unicamente preocupado por ser cómplice da improvisación do Goberno central

Incapacidade e insolvencia do conselleiro de Educación, unicamente preocupado por ser cómplice da improvisación do Goberno central

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, criticou hoxe a “incapacidade do goberno galego para xestionar de forma solvente” as súas competencias en materia educativa. Así o dixo na comparecencia do conselleiro de Educación para dar conta do inicio do curso non universitario.

Acusouno de ser “cómplice da improvisación” do Goberno central nunha materia na que este ten demostrado unha importante “debilidade”. Apuntou á situación rexistrada a finais do pasado curso, sinaladamente no acceso á Universidade, que “desgraciadamente leva o mesmo camiño este curso”, malia o que teñen rexeitado sistematicamente tódalas propostas socialistas dirixidas a dotar ao sistema educativo de maior estabilidade.

O parlamentario socialista sinalou as “grandes eivas que parecen sistémicas na política desta Consellería”, entre as que situou en primeiro lugar o plurilingüismo, a “cara máis evidente do fracaso da grande bandeira de Feijóo” no ensino. Criticou que “manteñan unha suposta mellora da competencia en linguas por engadir unha hora á semana e sen ter feito nin unha soa avaliación para comprobar os resultados destes programas”.

Apuntou así á escasa repercusión dos programas Plurinfantil, Bachibac e Estrela PluriFP, para o incremento de horas en lingua estranxeira en ensino infantil, bacharelato e FP, respectivamente, que non tiveron apenas peticións por parte dos centros.

Álvarez criticou tamén o “fiasco” da implantación da FP Dual, que “enche de titulares os medios de comunicación cada curso pero na realidade ten unha presenza residual na nosa Comunidade Autónoma, con 18 ciclos ofertados para este curso e nos que existen vacantes en todos”.

O parlamentario socialista criticou a “blindaxe” dos concertos educativos, ao asinalos por 6 anos nas etapas nas que non era obrigatorio concertar máis alá de 4, incluíndo aos que segregan ao alumnado por sexo “ante a eventual perda do goberno tanto no Estado como na Comunidade Autónoma”.

Diálogo

O parlamentario socialista reivindicou un maior diálogo e “unha interlocución mínima coa comunidade educativa” para “redefinir a actual rede de centros de forma consensuada coa comunidade educativa”. Chamou a “garantir de forma efectiva a igualdade de oportunidades de toda a poboación da nosa Comunidade Autónoma, incluíndo na mesma todos os criterios e extremos necesarios para acadar dita igualdade”.

Lembrou a crise de finais do curso pasado, cando anunciaron o peche dos centros de As Pontes, Outes, Ribadavia e Porriño apenas dous días antes do remate do curso. Daquela provocaron as protestas das nais e pais e dos representantes do profesorado pola falla de información, “cando non negativa ao debate” nas canles previstas para a súa participación.

Ademais, rematou censurando a “falsa eficiencia na xestión do gasto e precisión orzamentaria” por parte do goberno galego, que “pechou o terceiro trimestre deixando sen investir o 50 por cento do orzamento previsto en programas tan importantes como a prevención do abandono escolar”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar