Incapacidade da Xunta para acadar a transferencia da AP-9 e a chegada do AVE a Galicia en prazo

Incapacidade da Xunta para acadar a transferencia da AP-9 e a chegada do AVE a Galicia en prazo

Incapacidade da Xunta para acadar a transferencia da AP-9 e a chegada do AVE a Galicia en prazo

A deputada socialista María Pierres criticou hoxe a “incapacidade” do goberno galego á hora de reivindicar a transferencia da AP-9 a Galicia e o remate das obras do AVE a Galicia, que Feijóo comprometera para 2018. Así o dixo na comparecencia en Comisión da conselleira de Infraestruturas para presentar os orzamentos do seu departamento para o próximo ano.

A responsable socialista lamentou que á Xunta “non lle guste demasiado” reivindicar a transferencia da AP-9, tal e como aprobou o Parlamento de Galicia por unanimidade e que despois foi vetado polo PP na Mesa do Congreso. Lembrou que a titularidade desta infraestrutura resulta “de capital importancia para Galicia”, e que “sería moito máis beneficiosa para o conxunto da sociedade galega”.

Pierres acusou ademais ao presidente da Xunta de incumprir o seu propio compromiso de rematar o AVE para Galicia en 2018 logo de ter renunciado a esixir o cumprimento dos prazos unha vez que Rajoy chegou ao goberno central. Sinalou que “pouco axuda” para cumprir con estes prazos que o goberno central deixara de investir en Galicia 2.640 millóns de euros orzamentados dende 2012.

Trátase de 2.200 dos orzamentos que finalmente non foron destinados ás obras do tren rápido, unidos aos 440 millóns que seguen sen executarse con cargo aos orzamentos de 2017, e que “supón preto do 80 por cento do consignado”. Esixiu que “eses 2.640 millóns se recuperen no orzamento do ano 2018”, o que resulta “de xustiza e de urxencia para cos galegos e galegas”.

Plan de transporte

Pierres criticou a xestión “individualista e excluínte” do Plan de transporte por estrada para Galicia, que foi percibido polo conxunto da cidadanía con “alarma social” que suscitou “centos de reclamacións sobre os itinerarios, paradas, horarios e coordinación das liñas”. Tiveron que ser precisamente as empresas excluídas do Plan, sinalou, as que “arranxaron a funcionalidade” do mesmo.

Este plan, dixo, “contribuíu á rebaixa en 4.000 das empresas de transporte de persoas e mercadorías, pasando de 20.000 a 16.000”, unha cifras reflectidas nas memorias do pasado ano e do actual e que sen embargo “omiten a cantidade de traballadores e traballadoras” afectados.

Cualificou ademais de “desolador” o impacto previsto nestes orzamentos para as principais liñas de acción da Axencia Galega de Infraestruturas, nunhas contas nas que “ningunha das partidas corresponden con fases finais, tendo que esperar a 2019 como moi cedo para ver rematada algunha destas vías”.

Aludiu así ás vías de altas prestacións, esquecidas do proxecto para o próximo ano, que “unicamente se centra en vellas coñecidas” que continúan sen ter rematado, como o caso da VAC Tui – A Guarda, a Costa Norte, o Plan Paradai, o Corredor do Morrazo, ou a autovía da Costa da Morte, da que “en 13 anos só conseguiron completar un primeiro tramo”.

Vivenda

María Pierres advertiu ademais que “a política de vivenda perde fuelle, e continúa reducindo cada ano capacidade de resposta real aos problemas reais dos galegos e das galegas”. Sinalou así ao fracaso nos obxectivos de construción de vivendas de promoción pública, apenas un 30 por cento das actuacións previstas, con 183 vivendas das 595 fixadas como obxectivo nos últimos tres anos.

Sinalou a redución nun 22 por cento os investimentos directos previstos no capítulo de acceso á vivenda, o que “xunto co resto de programas da Consellería referentes ao Instituto Galego de vivenda e solo, que inclúen a xestión de solo industrial, dan un resultado global negativo”. Advirte que as políticas de vivenda “non só non acadan a previsión, senón que perden 1,81 millóns de euros de investimentos directos previstos”.

Advertiu dos baixos niveis de execución nos programas de rehabilitación e de acceso á vivenda, que ao remate do terceiro trimestre de 2017 tan só acadan un 22 e un 11 por cento, respectivamente.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar