Iñaki Gabilondo, as candidatas de Baltar e Covelo, Feiraco e o grupo Xogo de Cadeiras, Premios Iguais 2011

Iñaki Gabilondo, as candidatas de Baltar e Covelo, Feiraco e o grupo Xogo de Cadeiras, Premios Iguais 2011

Iñaki Gabilondo, as candidatas de Baltar e Covelo, Feiraco e o grupo Xogo de Cadeiras, Premios Iguais 2011

A Secretaría de Igualdade do PSdeG ven de conceder os premios “Iguais” deste ano ao xornalista Iñaki Gabilondo, ás candidatas socialistas dos concellos de Baltar e Covelo, á empresa Feiraco e ao grupo de mulleres do “Xogo de Cadeiras”.

Así, o xurado recoñece á empresa Feiraco, pioneira en incorporar políticas de igualdade no eido empresarial e por contar cun plan de igualdade exemplar, que ten acaparado amplos recoñecementos.

O premio ao xornalista Iñaki Gabilondo destaca a súa defensa nos medios de comunicación da igualdade como piar esencial da democracia. Así mesmo, o xurado quixo salientar o traballo deste xornalista visibilizando ás mulleres en todos os ámbitos, especialmente na política, cultura e economía.

O xurado recoñece tamén ao grupo de mulleres que forman o movemento “Xogo de Cadeiras”, por ter xerado un debate necesario na sociedade galega ao reclamar a presencia de mulleres en espazos como a RAG e por ter visibilizado a ducias de mulleres galegas brillantes que dedican a súa vida á difusión da nosa lingua e cultura.

As candidatas socialistas de Baltar e Covelo reciben este galardón pola defensa dos valores democráticos no exercicio da vida pública e polo compromiso político amosado coa democracia e a igualdade.

O xurado do certame estivo composto pola secretaria de Igualdade do PSdeG, Laura Seara, a portavoz de Igualdade do Grupo Parlamentario socialista, Silvia Fraga, as secretarias de Igualdade das executivas provinciais de Pontevedra, Carmen Cajide; de Lugo, Beatriz Vázquez; e da Coruña, Guadalupe Rodríguez; ademais da concelleira de Igualdade do Concello de Ourense, Mónica Vázquez, e a secretaria Igualdade da Executiva local de Santiago, Sonia Fernández, a profesora da Universidade de Vigo, María Álvarez Lires, e a axente de Igualdade Consuelo Rivadulla.

Os premios serán entregados aos galardoados e galardoadas nun acto que se convocará proximamente para celebrar a que será a segunda edición deste certame, que naceu en 2010 co obxectivo de recoñecer o traballo de persoas, institucións, medios de comunicación ou asociacións que fixeron súa a bandeira da igualdade e a defensa e apoio ás mulleres.

O pasado ano os premios Iguais recaeron na xornalista da Cadena Ser en Galicia, Aida Pena, os Centros de Orientación Familiar de Ourense e A Coruña, e a histórica feminista galega e escritora Rosa Gómez Limia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar